Previsión de convocatorias de exercicios para desenvolver en xullo de 2021

Os procesos poderán celebrarse en distintas sedes e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocadas. As tres sedes poderán ser:

  • SILLEDA: Feira Internacional de Silleda. Recinto Feiral, s/n - 36540 Silleda

  • LUGO: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Avda. dos Deportes, s/n, 27004 Lugo

  • SANTIAGO: Recinto Feiral de Amio. Rúa de Amio s/n. 15890 Santiago

Publicado o 07 de xuño de 2021

 VER NOTA INFORMATIVA DE PROCESOS SELECTIVOS