Recoñecemento de novas especialidades no corpo de mestres

RECOÑECEMENTO DE NOVAS ESPECIALIDADES POLO PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA DO CORPO DE MESTRES

O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria desde o 1 de xuño ata o 30 de xuño de 2022 de acordo coa disposición sétima da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A) publicada no Diario Oficial de Galicia nº 131, do 3 de xullo.

As solicitudes poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

 Para calquera aclaración ou dúbida, podedes poñervos en contacto con nós.