Sanidade chamará ao persoal dos centros educativos para a segunda dose en breve cumprindo coa pauta de 16 semanas

CCOO ensino, manifestou ao igual que nas anteriores xuntanzas, a súa disconformidade coa traslación de responsabilidades sobre a elección da vacina á poboación, nun exercicio de enorme irresponsabilidade por parte dos gobernos. O único que se consegue é trasladar máis inestabilidade e dúbidas a un proceso de vacinación que precisamente nos debera levar á normalidade sanitaria.
 

ACLARACIÓNS QUE NOS TRASLADOU SAÚDE PÚBLICA:

– Os traballadores/as dos centros educativos que aínda non foran vacinados teñen que solicitar ao centro que envíe os seus datos ao mail do buzón de vacinación ou ao teléfono que a consellería de educación ten habilitado para recoller incidencias e que xa comunicou aos centros.

– Os monitores de comedores escolares que estan pendentes, van a ser vacinados e xa están incluidas nas listaxes nas futuras quendas de vacinación.

– Trasladamos problemas co certificación da vacinación. Faise a través de ESaúde (SERGAS) pero de momento non foron quen de solucionar o problema co persoal de MUFACE que non está no SERGAS. cando o solucionen obterase igualmente mediante chave365 ou certificado electrónico.

– No caso do persaol maior de 60 anos, vacinado con AstraZeneca o prazo entre doses será de 12 semanas e non de 16.

– Tamén denunciamos o caso do O Castro British School de A Coruña, con só 9 vacinados de 50 traballadores. A directora xeral de saúde publica volve a decir que deben incluir datos no buzon de recollida de datos que habilitou a consellería de educación, e que nese caso promete que van a ser vacinados.