Toda a información sobre a mesa Sectorial do 27 de maio

  • A Consellería ten previsto publicar en DOG o dia 4 de xuño a composición dos tribunais así como convocar reunións coas persoas que ostenten a presidencia os días 1 e 3 de xuño.
  • Asemade confirmou que xa teñen destinado para o curso 2021/22 dun fondo especial ªCOVIDª para adquisición de material hixiénico (máscaras, xeles hidroalcólicos, sinalización, etc).

Publicado o 27 de maio de 2021

 CCOO Ensino considera que o debate e a negociación do protocolo de celebración das probas selectivas é un tema da suficiente importancia como para centrar unha mesa sectorial monográfica. Polo que por coherencia, CCOO Ensino centrou  a súa intervención no propio protocolo.

- Antes de entrar a valorar aspectos correspondentes a artigos concretos, apuntamos os seguintes aspectos xerais: (En cor vermello as respostas da administración)

  • Para evitar os contactos ao mínimo posible sería bo habilitar algunha aplicación que permita a entrega das programacións de xeito telemático. Igualmente habería que concretar a fórmula de entrega de aqueles méritos que non consten no expediente persoal. ANALIZARANNO.
  • En caso de descartar a entrega on line das programacións didácticas debería preverse a dotación dun armario de uso exclusivo do tribunal para custodiar dita documentación xa que en anteriores convocatorias esta cuestión foi problemática por ter que compartirse espazo de uso compartido co centro.
  • A canle de comunicación directa co tribunal a través do portal edu.xunta resulta insuficiente xa que a maiores dos chamamentos que realice o tribunal debera habilitarse un procedemento que permita unha comunicación recíproca cos aspirantes, como por exemplo un mail do tribunal concreto para contestar aquelas dúbidas que prantexen os aspirantes. NON ACEPTADO. NON VAN A ARTELLAR UNHA VÍA DE COMUNICACIÓN RECÍPROCA.
  • Ao comenzar o proceso selectivo en período lectivo debera estar prevista unha xuntanza previa entre o persoal colaborador e de limpeza e o tribunal para organizar espazos e momentos de desinfección adaptados a cada proba tal como se recolle no protocolo. NON RESPONDEN
  • Se coincide o día do exame co día de vacinación ou con efectos secundarios da vacina debería quedar claro no protocolo como debe actuar o tribunal. NON RESPONDEN
  • En diferentes partes do protocolo menciónase ao persoal colaborador. Entendemos que se refire ao persoal non docente e equipo directivo do centro no que se desenvolven as probas pero en todo caso debería especificarse no protocolo.A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE VAN A PROCEDER A AUMENTO DE GRATIFICACIÓN POR DÍA DE SERVIZO DE PERSOAL COLABORADOR PARA ASÍ FAVORECER A SÚA IMPLICACIÓN NO DESENVOLVEMENTO DO PROCESO.
  • Como norma xeral en todos aqueles apartados nos que se fai referencia a dispensadores de xel e papeleiras demandamos que sexan de pedal para evitar contactos innecesarios. NON RESPONDEN
  • Deberíase valorar a posibilidade de que os tribunais que asó consideren  podan  alterar se así o estiman a orde das partes da primeira proba. NON ACEPTADO

Algunhas das achegas que faremos nos puntos concretos aparecen recollidas de forma xeral no protocolo pero consideramos necesario incluílas de novo nalgúns dos puntos.

  • No punto 2 de organización loxística:
  • No apartado no que se fai referencia a que os tribunais se comunicarán cos opositores a través da páxina web de edu.xunta consideramos que hai que especificar que as comunicacións serán con tempo suficiente de antelación para trasladar aquelas cuestións necesarias para o normal desenvolvemento do proceso: A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE AS NOTIFICACIÓNS SERÁN COMO VEN NA CONVOCATORIA CON MÍMINO 24 HORAS DE ANTELACIÓN.

Ademais cando se refire a “aquelas cuestións necesarias para o normal desenvolvemento do procedemento selectivo” debe especificarse que entre esas cuestións están as  relativas ao desenvolvemento da parte práctica ou da defensa da programación e da unidade didáctica (uso de medios audiovisuais ou outro material como apoio, etc.) deben ser o máis precisas posibles, pois é onde radican fundamentalmente as dúbidas dos opositores.

  • No apartado no que se fai referencia a que  todas as aulas estarán dotadas con recipiente e bolsa de lixo entendemos que as papeleiras deben se de pedal para evitar contacto táctil nas mesmas, ao igual que os dispensadores de xel hidroalcólico aos que non se fai referencia. NON RESPONDEN
  • Hai que insistir na necesidade de aulas con ventilación natural ou no seu defecto con medios técnicos de renovación de aire. REVISARÁN A REDACCIÓN DO PROTOCOLO PARA INCIDIR NA IMPORTANCIA DA VENTILACIÓN.
  • Equipar todas as aulas ou zonas de exame con, polo menos, un recipiente e bolsa de lixo que permita a xestión adecuada do material desbotable utilizado. ANALIZARANNO. VAN A ESTUDIAR O TEMA DA XESTIÓN DE RESIDUOS EN CADA TRIBUNAL.

Como instrución ao persoal opositor hai que indicar que deben levar algunha máscara de reposto. E ademais o Tribunal debe dispor de máscaras para solventar algunha incidencia como a rotura dunha goma… 

  • No punto 3 de normas básicas de desenvolvemento das probas Consideramos máis acaído a FPP2 ou cirúrxica e non a hixiénica.  A ADMINISTRACIÓN NON CONSIDERA NECESARIA A OBRIGA DO USO DE FFP2 AOS ASPIRANTES.

Consideramos necesario o control de temperatura a cada persoa aspirante proporcionando termómetros infravermellos que dotará a Consellería aos tribunais. E por suposto que os dispensadores de xel sexan de pedal. NON ACEPTADO

Insistimos que as papeleiras deben ser con pedal

  • No  parágrafo que fai referencia ao uso dos aseos, sería convinte que se limparan mínimo tres veces ao día, polo volume de persoas que poden utilizalos.

- Aqueles aspirante exentos de usar máscara deberán usar obrigatoriamente pantalla protectora ACEPTADO

  • No punto 4.1.1 ou 4.1.2 de chegada ao lugar do exame  e dentro do centro educativo ou lugar de exame

Débese contemplar a prioridade de usar escaleiras en caso de ser necesario, pero de ter que usar ascensor indicar que o uso deste limitarase ao mínimo posible e estará restrinxido ao uso de unha soa persoa.

  • No punto 4.1.3 durante a realización do exame

Na zona de illamento  o persoal do tribunal debe ter  a súa disposición unha máscara  FFP2 sempre e non só nos casos  nos que o opositor estea exento do uso da máscara cirúrxica.

  • No punto 4.2.1 durante a realización das probas
  • Non pode recaer o custe nos centros, debe haber un subministro específico para cada Tribunal ben sexa a través dunha compra centralizada ou cunha dotación específica ao centro para o material que poida usarse no desenvolvemento do proceso selectivo. A ADMINISTRACIÓN ASEGURA QUE A CELEBRACIÓN DOS PROCESOS SELECTIVOS NON SUPORÁ UN COSTE EXTRA PARA OS CENTROS
  • Como colofón queremos facer referencia a unha problemática moi importante coa especialidade de música. Conta con varias probas orais, nas que realizan probas de canto e interpretación musical con instrumentos. Debérase contar con pantallas de protección para os membros dos tribunais de alomenos estas especialidades así como pantalla para os aspirantes sobre todo pensando nos instrumentos de vento; tal e como recolle o protocolo: “O COVID-19 é unha enfermidade producida pola infección do virus SARS-CoV-2, que se transmite de persoa a persoa a través de gotas respiratorias e contacto directo ou con superficies contaminadas, sendo o risco de transmisión proporcional á proximidade e intensidade da interacción entre unha persoa infectada e outra susceptible.” Porén, as pantallas son máis que necesarias nestes tribunais para paliar a falta de mascaras nestas probas. Ademais practicamente todos os centros teñen esta dotación. NON ACEPTADO. NON VAN A DOTAR DE PANTALLAS EXTRA AOS TRIBUNAIS, RECOMENDANDO A DISTANCIA.

Finalmente apuntar, que dende CCOO Ensino consideramos que este ano é un ano excepcional, na que deben evitarse ao máximo as concentracións, polo por coherencia e responsabilidade os delegados/as de CCOO Ensino non estarán presentes nas sedes dos exames o día da celebración das probas.

  1. Rogos e preguntas
  • Unha vez anunciado que o vindeiro curso imos asistir ás aulas con máscaras e ante a incertidume de como afrontalo demandamos que se manteñan os desdobres feitos este curso. Sería necesario amplialos a infantil e primaria.  
  • Urxe que a administración faga públicas as relacións de integrantes dos tribunais de oposición cos presidentes/as incluídos/as. Cando prevé publicar en DOG tal relación para que así podan constituírse os tribunais con antelación suficiente para poder ir organizando os procedementos selectivos e que se difundan con antelación suficiente as sedes concretas, datas e horas das probas para que os aspirantes podan organizarse mellor, e máis nun ano como este con hostalaría parcialmente pechada. A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE CONVOCARÁ REUNIÓNS ENTRE A DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS COS PRESIDENTES/AS DO TRIBUNAL O DÍA 1 E 3 DE XUÑO E TEÑEN PREVISTO PUBLICAR EN DOG A COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS O DÍA 4 DE XUÑO.
  • Solicitamos información de cando prevé a administración levar a cabo o sorteo dos vogais dos tribunais de cátedras, para que así podan constituírse e iniciar a súa actividade canto antes.
  • Solicitamos urxente convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral para que a Conselleira de Educación dea explicacións do requirimento da Inspección de Traballo a raíz da denuncia de CCOO o ano pasado por non ter feitas a avaliación de riscos dos postos de traballo dos centros educativos que recolle a lei de prevención de riscos, recoñecendo ante a inspección do Traballo que só fixera avaliacións en 24 centros educativos dun total de 1200 centros educativos, o que desvela só un 2% de avaliacións realizadas.
  • Esiximos que se habiliten procedementos de reclamación das taxas de inscrición nas listaxes abertas que non se publicaron finalmente por fallos na previsión da Consellería ao abrilas (mestres de primaria e educación física, orientación en secundaria...).
  • Volvemos a demandandar oferta prazas atención preferente, prazas de convenio, asesores, CAFI, CFR, etc e que se clarifiquen prazos destas convocatorias. CONVOCARÁN PRONTO ATENCIÓN PREFERENTE. TENTARÁN CONVOCAR ESTE ANO PRAZAS DE CONVENIO. DESCARTAN CONVOCAR CAFI E CFR