Luz López reelixida secretaria xeral da Federación de Ensino de CCOO de Galicia no 11.º Congreso

Setenta delegados e delegadas participaron no 11.º Congreso da Federación de Ensino de CCOO., que apoiaron diversas autoridades coa súa presenza e discursos na inauguración, como Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, ou Rubén Prol Mariño, concelleiro de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago.

No proceso congresual debatéronse as liñas de actuación pasadas, presentes e futuras que colocan a CCOO Ensino como a primeira forza sindicial do ensino na nosa comunidade. Ademais, aprobouse por unanimidade o informe de xestión da Comisión Executiva saínte sobre a xestión realizada nos últimos catro anos.

Na súa intervención, Luz López, xa como secretaria xeral reelixida, referiuse aos retos que se afrontarán de aquí en adiante, como son seguir convivindo coa pandemia nas aulas, os ERTE e ERE que afectan especialmente no sector de privada e persoal laboral ou o encaixe da nova lei educativa, a LOMLOE, en todos os sectores do ensino.