Comisión de persoal 29 abril 2021 (Persoal Laboral)

O día 29 de abril, celebrouse por videoconferencia a Comisión de Persoal, na que se tratou como único punto na orde do día:

Anteproxecto da Orde pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da

Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no referente aos artigos 80 e 81 de dita orde.

Tras as alegacións presentadas ao borrador do anteproxecto  presentadas por CCOO, a Consellería de Educación  aceptou modificar ou retirar  do texto aqueles pontos que de ningún xeito se podían aceptar, tales como

  • Participar na administración a este alumnado da medicación que non requira especialización profesional
  • contribuir o seu coidado tanto dentro como fóra da aula foi sustituido  por "dentro da aula cando resulte necesario".
  • Acompañar na ruta escolar ao alumnado só se fará nos casos excepcionais en que resulte necesario.
  • Suprimíuse tamén  a obriga de colaborar nas actividades extraescolares nas que participe o/a alumn@.
  • Aqueloutras que a Adminstración educativa lle poida encomendar no ámbito das súas competencias sustituíronse por : calquera outra de análogo contido  ou que teña relación coas funcións anteriores.
  • Cambiouse a rateo inicial de 1/7 por 1/6, máximo,  tendo en conta as necesidades de atención do alumnado.

Non se atenderon as solicitudes de:

  • Eliminar o apartado que establece que o auxilar coidador debe realizar os cambios e o control postural que ese alumnado necesite. 
  • Que figure que nos tempos de recreo, xogo e lecer será responsable o profesorado, tal e como aparecía no Convenio de orixe do persoal coidador
  • Tampouco se aceptou que as actividades complementarias sexan "as incluídas na programación xeral do centro "
  • Que a rateo máxima fose de 1/5

Por todo iso a postura de CCOO foi a ABSTENCIÓN.