Proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

Para ser admitidas no proceso de funcionarización, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

I.3.1. Ser persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das categorías establecidas no anexo I, que ocupe un posto dos establecidos no anexo II.

1.3.2. Reunir os requisitos xerais establecidos para o acceso aos corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia. En todo caso, deberán estar en posesión ou en condicións de obter a titulación académica establecida no anexo I.

1.3.3. Figurar na listaxe de postos que figura, para cada corpo ou escala, como anexo II á presente convocatoria.

I.4. Todos os requisitos deberán posuírse na data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación neste proceso e deberán manterse ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira, agás o requisito de ocupar un posto de traballo clasificado como de persoal funcionario de carreira que deberá cumprirse antes da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

I.5. Non poderá participar no proceso de funcionarización o persoal laboral fixo que teña ademais a condición de funcionario de carreira dos corpos ou escalas obxecto desta convocatoria.

I.6. O persoal laboral fixo pertencente ao grupo III categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia) e categoría 090 (animador/a sociocultural) será funcionarizado no subgrupo C1 mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, segundo se establece na disposición transitoria única do Decreto 165/2019, do 26 de decembro.

I.7. No caso de participación no presente proceso de funcionarizacion de persoas que teñan a condición de vítimas de violencia de xénero habilitaranse as medidas necesarias para garantir a protección dos seus datos persoais.

Para calquera aclaración ou información sobre o proceso de inscrición, as persoas aspirantes poderán poñerse en contacto telefónico coa Axencia para a Modernización Tecno- lóxica de Galicia no número 981 54 13 00, de luns a venres, das 8.30 ás 20.00 horas, e os sábados, das 10.00 ás 14.00 horas.