CCOO volve presentar un estudio que confirma a viabilidade da xubilación parcial (Ensino Concertado)

CCOO acabamos de presentar un estudo á Consellería de Educación no que se conclúe que a implantación da xubilación parcial no ensino concertado é plenamente viable, tal e como xa reflectía o estudo que remitimos en 2019, e o que agora presentamos actualizado.

Seguen vixentes todas as razóns que avalaban a súa aplicación inmediata:  

  1. Non hai razóns legais que impidan o seu mantemento porque a lei segue permitindo esta modalidade de xubilación.
  2. O propio estado recoñece a súa importancia económica e social no Real Decreto-lei 20/2018, de 7 de decembro que mantén o réxime transitorio de xubilación parcial.
  3. É unha ferramenta útil para o fomento do emprego nun contexto no que as cifras do paro son preocupantes.
  4. Propicia a mellora do sistema educativo e a calidade do ensino.
  5. Ten un impacto moi positivo na mellora das condicións laborais e persoais para as persoas con máis de  61 anos e que teñen longas carreiras profesionais
  6. Promove a incorporación da  xente nova ao ensino con efectos moi positivos:
    1. Rexuvenece cadros de persoal cuxa idade media está moi por enriba das recomendacións da Unión Europea. 
    2. Contribúe a reducir a taxa de desemprego entre os menores de 35 anos que acada cifras alarmantes.
    3. A competencia dixital da xente máis nova acelerará a incorporación das novas tecnoloxías  e metodoloxías baseadas nelas.
    4. A interacción entre a xeración que se xubila e a que accede  favorece  a transferencia de información sobre o sistema

Once comunidades non poden estar equivocadas

Baleares, Andalucía, Asturias, Navarra, Comunidad Valenciana, Castela-León, Aragón, Castela-A Mancha, Murcia, A Rioja, Cataluña e País Vasco manteñen a xubilación parcial para o profesorado de concertada, algunas delas cunha reducción da xornada lectiva que acada o 75%. Algunhas aplican tamén unha reducción progresiva da xornada lectiva para os docentes a partir dos 58 anos.

Neste contexto parece pouco creíble alegar razóns económicas, como fai a Consellería de Educación, para negar un acordo desta natureza.

O apoio que o  gobernó  di  prestar á concertada debe plasmarse en feitos e alcanzar tamén aos traballadores e traballadoras.

Como superar esta situación

O papel dos sindicatos maioritarios do ensino concertado –no que CCOO somos minoritarios- debe permitir o desbloqueo deste e doutros acordos que en Galicia foron suprimidos polo Partido Popular desde o mesmo instante da súa chegada ao poder.  

Se as maiorías sindicais non serven para defender e mellorar as condición das persoas que representan, entón non valen para nada.