A vacinación para o persoal dos centros educativos seguirá paralizada mentres non se vacine ás persoas maiores de 60 anos

Resumimos as poucas novidades que nos trasladaron á espera da xuntanza no día de hoxe a nivel estatal na que esiximos que nos trasladen as novidades canto antes:

  • A vacinación para persoal dos centros educativos está paralizada mentres non se vacine ás persoas maiores de 60 anos.
  • A día de hoxe, as vacunas que corresponderían por colectivos de idade serían:
    • Persoas menores de 60 anos, Pfizer ou Moderna.
    • De 60 a 69 administraríase Astrazeneca ou Janssen.
    • Máis de 70 anos, Pfizer, Moderna ou Janssen.
    • Por todo isto, a reanudación da vacinación ao persoal de colectivos esenciais pendentes, quedaría pendente da chegada dunha maior ou menor cantidade dunha vacina ou doutra, polo que non trasladana data de calendarización.
  • O profesorado e outro persoal dos centros maiores de 60 anos será chamado xa a vacinarse polo seu grupo de idade.
  • A decisión que se vai a adoptar con respecto á 2ª dose de AstraZeneca non está tomada. 
  • O SERGAS está a traballar con MUFACE a nivel de bases de datos para poder proporcionar certificados de vacinación tamén a quen non ten a prestación sanitaria co SERGAS.
  • Non ESTÁ APROBADO ningún proceso de vacinación para nenos e nenas. De momento só se vacina a maiores de 16 anos con procesos oncolóxicos e grao de dependencia III. Hai estudos iniciados a lo menos coa vacina Pzifer pero de momento nada máis.
  • Están chamando xa ao alumnado que fai as prácticas en centros de día ou residencias de maiores, para garantir a máxima protección destas persoas.