A Consellería convócanos a unha xuntanza con Saúde Pública logo da petición rexistrada onte por CCOO Ensino

Para a nosa organización é prioritario aclarar por unha parte, cal vai a ser o plan a seguir no tocante á administración da segunda dose ao persoal que foi vacinado con Astrazeneca, xa que en pouco tempo se cumplirán as doce semanas desde a incoculación da primeira dose así como tentar de informar sobre os prazos previstos de vacinación dos diferentes tramos de idade de xeito que se saiba aproximadamente as datas correspondentes.

Xa manifestamos que consideramos intolerable que se traslade á información á prensa sobre a vacinación das traballadoras e traballadores do ensino sen telo transmitido aos representantes  con anterioridade posto que o único que se consegue é trasladar unha gran preocupación e incertidume a todo o persoal.

Comunicaremos toda a información deste xuntanza á maior brevidade en canto a rematemos a través da nosa web e demáis canles: