CCOO ensino, anima aos claustros a asinar unha petición conxunta para que a Consellería rectifique a postura sobre o período de adaptación en educación infantil para o vindeiro curso escolar

 

Publicado o 23 de abril de 2021

De manterse o proposto no borrador da orde do calendario escolar, o período de adaptación sería unha actividade voluntaria para as familias forzando desta forma a unha confrontación entre a conciliación laboral e familiar das familias e o dereito do alumnado a tal período de adaptación e conseguir os obxectivos do mesmo. 

Esta decisión é unha ataque a autonomía pedagóxica do profesorado e un desprezo á súa profesionalidade.

CCOO ensino, xa mostramos o noso rexeite na mesa sectorial do pasado 15 de abril esixindo á administración que o retirase do borrador da orde do calendario escolar. 

A nosa proposta vai encamiñada a considerar que o período de adaptación dos nenos de 3 anos de EI debe ser todo o mes de setembro como máximo, deixando aos centros a posibilidade de reducilo de ser o caso.

O Secretario Xeral, amosouse taxante na negativa a facer esta modificación. Porén queremos que os centros educativos a través dun escrito asinado polos claustros nos axude a presionar á Consellería. 

  PREME PARA DESCARGAR O MODELO DE ESCRITO