CCOO ensino demanda unha xuntanza urxente coas consellerías de educación e sanidade para aclarar incógnitas do proceso de vacinación dos traballadores e traballadoras dos centros educativos

Ante as noticias aparecidas na prensa esta semana de que os traballadores e traballadoras pendentes de vacinación na actualidade menores de 60 anos (aproxidamente un 16% do total), xa non serían vacinados no grupo sexto de persoal esencial se non cando lle corresponda polo seu tramo de idade, CCOO Ensino esixe á Consellería de Educación e Sanidade unha xuntanza urxente para aclarar dita cuestión.

Desde CCOO Ensino consideramos intolerable que se traslade esta decisión á prensa sen telo transmitido aos representantes dos traballadores e traballadoras con anterioridade posto que o único que se consegue é trasladar unha gran preocupación e incertidume a este persoal.