Continuación da mesa sectorial: Orde calendario escolar

CCOO demanda un debate sobre os tempos escolares organizado en trimestres cunha duración similar. Debe ser un debate global xa que en España somos un dos países nos que o alumnado ten máis horas lectivas. O foro do mesmo, debera ser no sentido no que estén representados todos os membros de toda a comunidade educativa como por exemplo o Consello Escolar.

Publicado o 15 de abril de 2021

Por outra banda, desde CCOO ensino manifestámonos a favor da celebración das probas extraordinarias en xuño. Enmarcamos esta decisión no debate sobre o modelo de avaliación que debe ser continua e formativa e a repetición como unha situación moi extraordinaria. Entenedemos que non se poden avaliar a adquisición de competencias cunha soa proba. Demandamos que o reforzo para o alumnado que promocione con algunha carencia sexa durante todo o curso.

Solicitamos axustar o calendario aos 175 días lectivos. A Consellería estudará se aceptaba colocar o 22 de decembro como non lectivo para facer este axuste.

Con respecto a FP seguimos insistindo en que a data de inicio e remate do curso debe ser “de acordo cos requirimentos de cada ciclo formativo”, tal como se recollía hai anos no calendario escolar. NON ACEPTADO

CCOO ven demandando unha negociación do horario lectivo do profesorado. Actualmente a normativa básica permitiría a volta ás 18 horas en secundaria e ás 21 en primaria. Mentres non recuperemos esta demanda seguiremos demandando o cambio de xornada de xuño e setembro porque o incremento de xornada dos meses de xuño e setembro quedaba compensado co acordo horario de 21 horas. NON ACEPTADO

Solicitamos que a entrega da Programación didáctica ao equipo directivo sexa o 20 de setembro e non o 15. NON ACEPTADO

Denunciamos que se contemple a modificación dos horarios para centros que comparten transporte escolar. NON ACEPTADO

Propomos que se introduzan como conmemoracións:

  • 10 de marzo. Día da clase obreira galega E as datas nas que hai celebracións internacionais referidas ao recoñecemento efectivo dos dereitos LGBTI. NON ACEPTADO

Propomos que a adaptación do horario que fai a dirección nos últimos días de xuño sexa, como en ordes anteriores, aprobadas polo claustro. NON ACEPTADO

Disposición Adicional 2ª: Non compartimos o escaso período de adaptación que se reduce a 7 días e dáse un paso atrás con respecto ao calendario do curso anterior. Seguimos a considerar que o período de adaptación dos nenos de 3 anos de EI debe ser todo o mes de setembro como máximo, deixando aos centros a posibilidade de reducilo de ser o caso. En todo caso entendemos que deberá terse a posibilidade de ampliar o período de adaptación, previa autorización da Xefatura Territorial, nos casos de cursos nos que haxa alumnado con necesidades que limiten a súa autonomía.

Por outro lado, tamén referido ao período de adaptación, non estamos de acordo que sexa unha actividade voluntaria para as familias  forzando desta forma a unha confrontación de que pesa máis en entre a conciliación laboral e familiar das familias e o dereito do alumnado a tal período de adaptación e conseguir os obxectivos do mesmo. Esta decisión é unha ataque a autonomía pedagóxica do profesorado e un desprecio á súa profesionalidade.

Propomos engadir unha nova adicional que reflicta a adscrición funcional no caso do persoal de secundaria que diga que está adscrición farase nun claustro unha vez nomeado o persoal provisional e interino. NON ACEPTADO

 

ROGOS E PREGUNTAS

  • Solicitamos que as probas libres en inglés e galego das EOI se trasladen do día 1 e 2 de xuño a datas anteriores ou a inicios de setembro. ESTUDIARANO
  • Solicitamos información acerca da tramitación da nova orde de desenvolvemento de atención a diversidade e os seus efectos para os opositores aclarando que non pode ser obxecto de exame no concurso oposición de 2021. NON SABEN CANDO VAI A PUBLICARSE PERO DE SER ANTES DAS OPOSICIÓNS ENTRARÍA NAS MESMAS.