Mesa sectorial martes 13 de abril

Queda pendente para hoxe á tarde tratar a orde do calendario escolar.

  • A continuación podes consultar a intervención de CCOO así como as contestacións da administración en cor vermello:

​​​​​​​

  1. Proxecto Decreto OPE 2021

De novo se repite a mesma historia. Danse os datos da OPE á prensa antes de traelos á mesa de negociación. Queremos que conste en acta a nosa queixa por dar os datos á prensa previamente á  negociación na MS manifestándose así a mala fe negociadora da Consellería.

Requirimos o compromiso de acumular a oferta de 2021 á do ano 2022. COMPROMÉTENSE A ACUMULAR AMBAS OFERTAS A CELEBRAR EN 2022

A situación de pandemia puxo de manifesto dúas cuestións de suma importancia para ofertar un ensino de calidade. Por unha parte a necesidade de reducir as rateos e por outra a necesidade de incrementar o tempo de coordinación entre o profesorado. Ambas as dúas requiren un incremento de cadros de persoal para reducir o horario lectivo e incrementar o de coordinación así como unha atención máis individualizada. 

Non podemos facer unha valoración seria sen coñecer os datos de xubilación que non se nos facilitaron aínda que de forma global consideramos a oferta como insuficiente porque o obxectivo debera ser recuperar os niveis de cadros de persoal iguais ao que había antes da crise. En todo caso a oferta ten que asegurar que a temporalidade sexa de arredor do 5% tal e como está recollido no Acordo de acceso á listados de interinidade.

  1. Anteproxecto Decreto elección dirección

A LOMLOE introduce modificacións na selección das dirección dos centros educativos pero continúa cun modelo  restritivo  que impide presentarse a calquera membro dun claustro docente ao incluír requisitos previos que limitan o número de aspirantes. Evidentemente non é este o foro no que se poida negociar un modelo máis democrático polo que as propostas que presentaremos serán respectuosas co marco lexislativo. 

No artigo 4.1.d) propomos incluír como posibles aspirantes a dous colectivos:

  • aqueles docentes que están na situación de comisión de servizos noutra comunidade autónoma.

  • Os que están nunha praza do estranxeiro no seu último ano e reingresarán nun centro da Comunidade Autónoma. 

CONSIDERAN QUE NON REÚNEN REQUISITOS, XA QUE A DATA DE FINALIZACIÓN DO NOMEAMENTO (31 DE AGOSTO) É POSTERIOR A INICIO DE DESEMPEÑO ACTIVIDADE DIRECTIVA (1 DE XULLO)

Propomos retirar dos requisitos o apartado e) do artigo 4.1. O artigo 135.6 da LOMLOE mantén a formación sobre función directiva pero especifica que hai que realizala despois de ser seleccionada ou seleccionado e antes do nomeamento. Tamén é certo que o artigo 134. 1. c) da mesma lei faculta ás Administracións educativas para que “podan considerar como requisito” dita formación. Solicitamos á Consellería que cambie o criterio e non faga uso desa facultade que lle outorga a Lei Orgánica NON ACEPTADO. CONSIDERAN QUE OS ASPIRANTES DEBEN TER A FORMACIÓN PREVIA Á ELECCIÓN, PERO VAN A ESTUDIAR SE PARA CENTROS RECOLLIDOS NO APARTADO 4.2 MANTEÑEN A ESIXENCIA DE CURSO PREVIO.

No artigo 7 no que se define a comisión de selección a Consellería axusta o número de representantes do centro ao mínimo que permite a Lei no seu artigo 135.3. A lei establece un mínimo dun terzo e a Consellería quédase nese terzo. Consideramos que a representación do profesorado debe aumentarse. NON ACEPTADO

No caso dos centros considerados no artigo 8 non se contempla a presenza dun director ou directora coas características requiridas na Lei. Consideramos que non se axusta á nova Lei. NON COMPARTEN QUE ESA SEXA A INTERPRETACIÓN.

No artigo 10 de contemplarse a entrevista habería que regular que de habela será para todos os aspirantes. Aínda que nós non compartimos que se faga entrevista por ser pouco obxectiva. ACEPTAN INCLUIR QUE DE FACER ENTREVISTA FARASE A TODAS AS PERSOAS CANDIDATAS.

Artigo 13.2 Duración do mandato e prórrogas diste

De acordo co artigo 136.2 da LOMLOE é competencia das administración educativas fixar o límite máximo da renovación dos mandatos da dirección. Propomos que se reduza de tres que propón a administración a 2. NON ACEPTADO

3 mandatos dan 12 anos por prórroga automática sen permitir a concorrencia participativa de outros proxectos que poidan xurdir no centro. Parécenos excesivo. 8 anos é un período máximo razoable para que un equipo directivo consiga os seus obxectivos. E unha vez rematado dito período podería  participar nun novo concurso para desempeñar a función directiva en concorrencia con outros proxectos se fora o caso, democratizando así dito proceso e permitindo a participación de outros membros da comunidade educativa en labores de dirección.

No artigo 14 no que se regula o nomeamento con carácter extraordinario consideramos que debe ser por 1 ano e non 2. NON ACEPTADO

No artigo 16.2 entendemos que a xefatura territorial debería revogar o nomeamento dunha dirección por proposta do Consello Escolar logo do acordo adoptado polo menos por 2/3 do mesmo. Se queda en “pode” deixa de ser competencia do CE e pasa a ser decisión sen motivar da XT. NON ACEPTADO

 

Con respecto ao BAREMO queremos manifestar o seguinte:

Rebaixar de 6 a 4 puntos o apartado de puntuación por desempeño de cargos directivos. Desta forma o baremo estaría máis equilibrado e limitaríase, aínda que fora minimamente, que ter ocupado unha dirección fora o criterio prioritario na seguinte elección. Ademais na maioría dos casos as direccións repiten no mesmo centro polo procedemento da avaliación e continuidade. ACEPTAN IGUALAR AMBAS PUNTUACIÓNS ENTRE APARTADO 1 (ANTIGUIDADE) E APARTADO 2 (DESEMPEÑO CARGOS) EN 5 E 5 PUNTOS.

No baremo, no apartado 3.2 onde dí: Por cada título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, distinto do alegado para o ingreso no corpo: 0,30" 

No apartado 3.3 onde dí "Por cada título de grao distinto do alegado para ingreso no corpo 0,25". 

(Debe unificarse o apartado 3.3 e pór por cada título  de grado, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura distinto do alegado no corpo: 0,25). NON ACEPTADO

Asemade pór novo aptdo. 3.5 polo título de máster 0,15.

 

  1. Orde selección dirección

As achegas que facemos nesta orde van en concordancia coas feitas para o Decreto. 

No artigo 2.d) consideramos que deberan incluírse como posibles aspirantes aos dous colectivos citados no Decreto:

  • aqueles docentes que están na situación de comisión de servizos noutra comunidade autónoma.

  • Os que están nunha praza do estranxeiro no seu último ano e reingresarán nun centro da Comunidade Autónoma.

No artigo 2.e): retirar como requisito a formación sobre función directiva non facendo uso da facultade outorgada ás administracións educativas o artigo 134.1.c) da Lei orgánica e aplicando o artigo 135.6 da LOMLOE. NON ACEPTADO. CONSIDERAN QUE OS ASPIRANTES DEBEN TER A FORMACIÓN PREVIA Á ELECCIÓN, PERO VAN A ESTUDIAR SE PARA CENTROS DE MENOS DE CERTAS UNIDADE MANTEÑEN A ESIXENCIA DE CURSO PREVIO.

No artigo terceiro  entendemos que deben establecerse garantías para que o proxecto sexa accesible a todos e para iso é necesario que poida haber un horario amplo, polo que propomos o todo o horario de apertura do centro.

O anuncio do prazo e horario para ver os proxectos de dirección, debe estar non só no taboleiro de anuncios da sala de profesores senón tamén nos taboleiros de anuncios do centro, pois debe facilitarse a súa lectura a todos os membros da comunidade educativa; na comisión de selección non só hai profesorado.  

NON ACEPTADO. MANTERÁN OS CRITERIOS DE EXPOSICIÓN COMO ATA AGORA.

No artigo 5º: Xa manifestamos anteriormente o noso desacordo coa composición da Comisión de Selección e a argumentación deste desacordo. Consideramos que a presenza do profesorado debe superar o terzo adxudicado. NON ACEPTADO

Artigo 5.1: a sede da comisión debe ser o centro educativo obxecto de elección. NON ACEPTADO.

No caso dos centros considerados no artigo 6 non se contempla a presenza dun director ou directora coas características requiridas na Lei. Consideramos que non se axusta á nova Lei. NON COMPARTEN QUE ESA SEXA A INTERPRETACIÓN.

A administración debera arbitrar medidas para que se mantiveran os criterios dos centros e non se nomeara director a ninguén que contara co rexeitamento dos representantes do centro escolar, así mesmo non debera nomear director a aqueles aspirantes que tiveran sido sancionados por sentenza penal ou expediente disciplinario por cuestións relacionadas co centro.

No Artigo sétimo – Rexeitamos a entrevista por carecer de obxectividade, aínda que se realice a todos os candidatos/as tal e como aparece recollido. ACEPTAN INCLUIR QUE DE FACER ENTREVISTA FARASE A TODAS AS PERSOAS CANDIDATAS.

Entendemos que se deben publicar uns criterios de valoración do proxecto para garantir a maior transparencia e obxectividade posible nun elemento tan relevante na selección, tal como xa estaba está a facerse noutras comunidades autónomas NON RESPOSTAN

EXEMPLO Aragón: Para que el candidato pueda ser seleccionado, deberá obtener un mínimo de 6 puntos. En la valoración del Proyecto de dirección, la Comisión tendrá en cuenta, al menos, los siguientes aspectos:

 a) Claridad y el orden estructurado de la exposición.

 b) Coherencia del Proyecto de dirección con el del Proyecto Educativo del centro. 

c) Adecuación del Proyecto a las características del centro y de su entorno: carácter realista y evaluable del mismo. 

d) Objetivos y medidas que se proponen para la mejora e innovación educativa.

e) Adecuación y viabilidad del Plan de formación del profesorado del centro. 

f) Presentación de propuesta de Equipo Directivo según lo previsto en el artículo 131.3 de la LOE

Artigo 7.6: A cualificación outorgada polos membros da comisión debe ser por escrito e secreta. No pode ser que se faga en voz alta, e, como pasou nalgún centro, que a inspección obrigue aos demais membros a dar a súa nota antes para axustar a deles. COINCIDEN EN QUE DEBE SER POR ESCRITO E NON SE NEGAN A PLASMALO NA ORDE

Artigo 11 . Entendemos que o nomeamento debe ser a proposta do claustro ou do consello escolar. NON ACEPTADO

E lóxico que ante a imposibilidade de elixir por concurso de méritos a un director/a, a administración teña potestade para nomear, pero tamén é necesario prantexarse a situación dunha persoa que se ve obrigada a aceptar un cargo que non desexa. Para conciliar ambas situacións e a pesar de que o nomeamento fose por dous anos, podería abrirse a posibilidade de elixir, ao cabo dun curso, a un novo director/a se é que nese momento houbese vontade de presentar algunha candidatura e o director nomeado expresara a vontade  de non continuar no seu posto. NON ACEPTADO

Hai unha cuestión que non recolle a Orde e cremos que si debería facelo:

Hai que buscar unha solución ás baixas prolongadas dos directores ou membros do equipo directivo. Debe nomearse a outra persoa con carácter accidental é o nomeamento debe  ter recoñecemento tanto a efectos económicos como administrativos. NON RESPOSTADO

BAREMO

  1. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador de equipos de normalización lingüística, coordinador de ciclos e análogos

A que se refire con análogos? Débense incluír todas as  coordinacións valoradas no CXT (TIC, biblioteca, extraescolares…) ACEPTADO. DETALLARAN OS CARGOS ANÁLOGOS.

Rebaixar de 6 a 4 puntos o apartado de puntuación por desempeño de cargos directivos. Desta forma o baremo estaría máis equilibrado e limitaríase, aínda que fora minimamente, que ter ocupado unha dirección fora o criterio prioritario na seguinte elección. Ademais na maioría dos casos as direccións repiten no mesmo centro polo procedemento da avaliación e continuidade. ACEPTAN IGUALAR AMBAS PUNTUACIÓNS ENTRE APARTADO 1 (ANTIGUIDADE) E APARTADO 2 (DESEMPEÑO CARGOS)

No baremo, no apartado 3.2 onde dí: Por cada título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, distinto do alegado para o ingreso no corpo: 0,30" 

No apartado 3.3 onde dí "Por cada título de grao distinto do alegado para ingreso no corpo 0,25".

(Debe unificarse o apartado 3.3 e pór por cada título  de grado, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura distinto do alegado no corpo: 0,25). NON ACEPTADO

Asemade pór novo aptdo. 3.5 polo título de máster 0,15.

No apartado de Méritos Académicos debe incluírse de forma específica o Master de Dirección , A UdC esta a impartir o dito curso de xa fai tempo e creemos que debe darse puntuación aos que posúan dito curso. NON ACEPTADO

Na valoración de cursos de formación deberanse valorar tamén aqueles relacionados coa prevención de riscos laborais. 

No anexo dos centros deberan figurar aqueles nos se van a producir xubilacións forzosas de directores antes de rematar o curso, para evitar o nomeamento de direccións de carácter accidental e que os interesados puideran presentar proxecto de dirección. NON ACEPTADO. A DATA DE XUBILACIÓN FORZOSA PODE SER POSTERIOR

 

  1. Convocatoria profesorado especialista. Ciclo emerxencias.

Antes de facer alegacións a este documento queremos deixar constancia da necesidade de recorrer á figura de profesorado especialista de forma moi extraordinaria.

Seguindo a premisa anterior consideramos que é positivo ordenar ao posible profesorado especialista de acordo a unha lista polo que saudamos a iniciativa de traer á Mesa esta Resolución.

Na base 6ª solicitamos incrementar de 5 a 7 días o prazo de reclamacións.

No baremo consideramos que a formación acreditada debería ter unha puntuación superior. Partindo da base que a experiencia é o primordial incrementar algo a puntuación por formación permitiría discriminar a aqueles que tendo a mesma puntuación por experiencia teñen máis formación.

A Consellería ve correcto crear despois de negocialo na mesa sectorial un único baremo para todo o profesorado especialista, no futuro.