A Consellería segue a incumplir a Lei de Prevención de Riscos Laborais en plena pandemia

A Federación de Ensino de CCOO presentou denuncias ante a Inspección de Traballo constatando que a Consellería de Educación non realizou a avaliación de riscos para a seguridade e saúde dos traballadores de cada posto de traballo que recolle o artigo 16 e seguintes da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.

Porén, a Inspección de Traballo da Provincia de A Coruña dirixiu requerimento á Consellería para que lle proporcionara as avaliacións realizadas nunha reunión celebrada o mércores 7 de abril en presenza de representantes de CCOO e doutras organizacións sindicais do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral.

A Consellería só puido xustificar avaliacións efectuadas en 24 centros educativos dun total de case 1200, aproxidamente un 2% de avaliacións realizadas, pero tampouco puido dar resposta ás cuestións ante as dúbidas plantexadas na súa realización pola Inspección de Traballo, xa que o técnico de CUALTIS, empresa subcontratada para realizar as avaliacións, non acudiu á reunión.

A Inspección de Traballo, ao termo da reunión, requeriu á Consellería:

  • Xustificación dun novo prego de da avaliación da totalidade de 1.200 centros educativos debendo achegar a Consellería a planificación da mesma e toda a documentación relacionada.
  • A obriga de cumprir por parte da Consellería de informar aos representates dos traballdores e traballadoras, obrigando a convocar trimestralmente o Comité de Seguridade e Saúde Laboral.
  • Ante as dúbidas da Inspección de Traballo polas avaliacións de riscos realizadas e ante a ausencia do Tecnico de prevención de riscos da empresa subcontratada na reunión, a Consellería debe xustificar a citación realizada nesas 24 visitas aos representantes dos traballadores, así como os datos do Técnico para poder trasladarlle as dúbidas existentes.

CCOO Ensino valora positivamente a actuación da Inspección de Traballo e seguirá denunciando do mesmo modo calquer incumprimento da normativa de prevención de riscos e de saúde laboral que afecte aos traballadores e traballadoras dos centos educativos