Novidades na web da Consellería: Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2021 destinadas ao funcionariado docente non universitario

Publicado o 06 de abril de 2021


Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2021 destinadas ao funcionariado docente non universitario
http://www.edu.xunta.es/fp/estadias-formativas-en-empresa

  • Que son?

Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de distintas empresas ou institucións para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.

  • Destinatarios

Ser funcionario/a nalgún dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Estar en situación de servizo activo no período solicitado para a realización da estadía, prestando servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

  • Prazo de solicitudes

O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:
1ª fase: ata o 12 de abril de 2021.
2ª fase: ata o 19 de abril de 2021.

  • Convocatoria

Para o ano 2021 convócanse 80 prazas de estadías formativas en empresas ou institucións situadas tanto na comunidade autónoma de Galicia, como no resto do territorio do Estado.
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/9096