Toda a información sobre a mesa Sectorial do 22 e 23 de marzo

A nova orde de atención á diversidade non chega acompañada da dotación precisa de persoal e de recursos materiais

Publicado o 24 de marzo de 2021

Esta foi a intervención de CCOO ensino na mesa onde se tratou esta nova orde:

  1. Proxecto Borrador de Orde do .... de ................. de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.  

Valoramos positivamente a iniciativa de compilar toda a normativa nunha única Orde porque tela dispersa en demasiados documentos implica dificultades de interpretación. 

Con carácter previo ás alegacións ao articulado:

  • Coincidimos cos principios citados no preámbulo e mesmo nos artigos 11 e 14 coas referencias de que a atención á diversidade afecta a TODO o alumnado e que se realizará dende un enfoque multidisciplinario e interinstitucional. Pero a linguaxe utilizada ao longo do articulado non vai parella con estes principios. Consecuentemente propomos modificacións na linguaxe cambiando expresións como “tipos de discapacidade e trastorno” ou similares substituíndose por  referencias “ás barreiras que afecten ao desenvolvemento do alumnado” e/ou “desenvolvemento de estratexias educativas que favorezan a inclusión de todo o alumnado”. Desta forma seguiriamos os criterios do Deseño Universal da Aprendizaxe. A linguaxe é moi importante tamén para favorecer a inclusión dende todas as perspectivas.  
  • No artigo 14 faise referencia a que avaliación e informe psicopedagóxico é competencia das xefaturas dos Departamentos de Orientación. Pero a Consellería non ten en conta que nos centros de infantil e primaria non todos teñen titulación que permita facelo xa que non é requisito para ocupar ese posto. Propomos unha modificación lexislativa na que a titulación sexa requisito para optar a estes postos.  Na orde de 1988 se especificaba textualmente “realizar as avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que se indican no artigo 4 a) do Decreto 120/1988”. 

Nos casos de ter unha titulación especificada no citado artigo 4 a) as xefaturas do Departamento de Orientación de infantil e primaria fan as mesmas funcióons que as de secundaria e propomos igualar as condicións laborais e salariais.

  • Con respecto ao persoal coidador vimos demandando dende hai anos que se negocien as súas funcións pero na mesa que corresponde que non é a de funcionarios docentes cos seus propios representantes sindicais. Consideramos que fan funcións educativas polo que recomendamos a substitución da denominación “auxiliar coidadora” por “auxiliar técnica educativa (ATE)” como xa o fan outras CCAA.
  • Algunhas referencias fanse á LOE e outras á LOMLOE. Consideramos que hai que unificar a denominación e xa que a LOMLOE inclúe todo o articulado non modificado da LOE debe ser a LOMLOE a referencia. 
  • Ausencia de referencias a outro persoal de atención á diversidade: fisioterapia, enfermería...
  • Falta a referencia á rede de orientación e a cobertura con máis de un profesional onde sexa necesario.
  • Propomos que se proporcionen modelos para todos os informes que se supón debe facer o departamento de orientación: informe individual de reforzos e un longo etc, aínda que posteriormente poidan adaptarse en cada centro.

Artigo 4.4: Engadir: Promoción da inclusión e equidade promovendo no centro o coñecemento de protocolos de actuación e estratexias metodolóxicas dirixidas á atención a diversidade e á promoción da mesma como un valor positivo na escola, favorecendo a inclusión de todo o alumnado.

No Artigo 9: Alumnado con altas capacidades. Eliminar como criterio único o psicométrico da definición. O CI é un indicador mais e non debe ser determinante nin definitorio.

Engadir a avaliación e intervención multidimensional xunto co CI. ACEPTAN

Artigo 17.1: Incluír referencia a datos médicos. ACEPTAN condicionados a que os aporte a familia

Artigo 21: Protocolizar a actuación no caso   no que a xefatura do departamento de orientación considere que procede adaptar o currículo de determinada área ou materia se non é aceptado polo equipo docente ao non ser este vinculante. ESTUDIARANO

Artigo 28: sobre os centros de escolarización preferente: definilos establecendo as diferencias entre estes e os centros ordinarios. Definirse a súa dotación tanto de recursos materiais como de recursos humanos, así como a rede de centros con esta consideración. NON ACEPTAN

Artigo 29.5: establecer un máximo 5 alumnos (retirar “con carácter xeral”) nas unidades de educación especial nos centros ordinarios. NON ACEPTAN

Artigos 34 e 35: que o ditame de escolarización non quede restrinxido ao alumnado NEAE e unicamente de forma excepcional para o alumnado con NEE para o que se propón escolarización nun centro ordinario de escolarización preferente. 

Artigos 42 a 53: As medidas ordinarias de atención á diversidade que se recollen neles e que son competencia do docente que imparte a área, materia ou módulo e non requiren autorización (nin de Inspección, nin Xefatura Territorial) son a antesala doutras MAD recollidas nesta orde. Son de suma importancia para favorecer o acceso cognitivo do alumnado. Establecer como se reflectirán nos documentos de avaliación. Solicitamos que se reformulen/optimicen os mecanismos de control ou supervisión da súa aplicación efectiva antes de aprobar outras MAD como pode ser a adaptación curricular. Entendemos que hai que respaldar con mecanismos normativos a función orientadora.

Propomos reflexionar sobre a obrigatoriedade de formación permanente sobre aspectos relacionados coa atención á diversidade dándolle a mesma importancia que a Consellería da á formación en linguas estranxeiras. 

Artigo 46.2: Na adaptación dos tempos, instrumentos e procedementos de avaliación poderanse considerar a presentación oral ou escrita, a secuenciación das tarefas, a verificación da comprensión das tarefas, a dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos e a concesión do tempo necesario, ENGADIR:  así coma outras medidas que o profesorado considere axeitadas no proceso de avaliación para garantir a atención á diversidade.

Artigo 48: cando se fai referencia aos apoios de profesorado con horario dispoñible nos centros propomos que se faga alusión á docencia compartida. Na práctica real en moitos centros   entra outro docente na aula e está cos nenos/as que máis o precisan. Esta docencia compartida implica que a clase se imparta de forma conxunta sen "desdobrar" o grupo ou separar ao alumnado con dificultades aproveitando para realizar traballo por proxectos ou outra metodoloxías contextualizada. En casos de número importante do alumnado contemplar o desdobre. SEN RESPOSTA

Artigo 50: cando se fai referencia á repetición propomos que se acompañe do adxectivo “excepcional”, en coherencia coa LOMLOE que incide moito nese aspecto. NON ACEPTAN

Artigo 55: defínense as adaptacións curriculares. Sinalan que o concepto de adaptación curricular e adaptación do currículo son sinónimos. Consideramos que é un erro que hai que corrixir. Un RE é unha adaptación do currículo que toca os elementos non prescriptivos do mesmo. Cando se afirma que “os elementos prescriptivos do currículo son todos aqueles que o conforman”, introdúcese a dúbida sobre que outras medidas ordinarias de atención á diversidade poden introducirse. Aclárese cales serían os non prescriptivos. Ademais aclarar que a AC non está condicionada ao desfase igual ou superior a 2 cursos xa que actualmente a inspección está a usar este criterio para autorizalas. ESTUDIARANO

Artigo 55.5.b): Os especialistas de PT e AL deberan participar da xuntanza convocada pola XE na que se decide a elaboración das AC. Cremos que estes profesionais teñen criterio para aportar nesa xuntanza.

Indícase que se fará a proposta antes de finais do mes de outubro, agás nos casos de flexibilización. Propomos engadir tamén aos de incorporación tardía, xa que hai alumnado estranxeiro que se incorpora iniciado o curso.

Art. 55.15: indícase que calquera modificación  na AC requirirá unha nova solicitude. Consideramos que para reducir burocracia habería que ter en conta  a significatividade dos cambios. Nos casos de continuidade por non superación ou cambios pouco significativos non debera requirirse nova solicitude.

Artigo 56: En relación aos agrupamentos flexibles non compartimos e solicitamos que se modifique que esta medida non pode supor incremento na dotación do profesorado no centro. Dotar ao centro dos recursos necesarios para atender ao alumnado mediante agrupamentos flexibles.

O borrador non indica nada con respecto ao currículo destes agrupamentos Na circular 9/99 facíase referencia a cambios metodolóxicos, de tempos e recursos de avaliación..., non se podían tocar os elementos prescriptivos do currículo. Neste documento defínese como medida extraordinaria. Pero se non tocan elementos prescriptivos sería unha medida ordinaria. Solicitamos aclaración. ACLARAN que é unha medida extraordinaria como no Decreto

Artigo 57 sobre profesorado ao profesorado especialista en PT e/ou en AL: 

  • No título debe aparecer “o profesorado de PT e AL” e non definilo como “o apoio” xa que este profesorado ten unha especialidade con entidade propia e non realiza unicamente funcións de apoio. ACEPTAN 
  • Non compartimos que se definan como un recurso dirixido especialmente á atención educativa do alumnado con NEE porque poden realizar funcións con todo ao alumnado como poden ser de prevención, estimulación.... Ademais en moitos casos se atende a alumnado con NEAE: trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, Trastornos da fala, dificulatdes da lectoescritura...NON ACEPTAN.
  • Non consideramos acertado incluír neste artigo as funcións  de PT e AL de forma conxunta; cada un destes especialistas deben ter asignadas funcións diferentes aínda que algunhas sexan coincidentes. Consideramos que as funcións deben negociarse con calma e escoitando ao propio colectivo e non en medio dun documento tan denso. En todo caso achegamos como anexo as funcións que consideramos debe ter este colectivo. NON ACEPTAN

Artigo 57.4: consideramos que a atención fora da aula debe ser cun máximo de 4 alumnos e non 6. NON ACEPTAN.

Solicitamos que se retire a referencia ás praxias bucofonatorias xa que os últimos estudos neurocientíficos apostan por outras fórmulas. ACEPTAN

Artigo 57.6: indicar que se deben facer informes  (non informes de apoio) en coherencia coas funcións que se realizan sen ser de apoio. NON ACEPTAN

Denunciamos a falta de dotación de profesorado de PT e AL. Insistimos na necesidade de dotar a todos os centros completos cunha praza de AL sen prexuízo do incremento que sexa necesario en calquera centro en función do número de casos a atender. O aproveitamento destes profesionais revertería en todo o alumnado podendo facer funcións de estimulación, prevención...

Artigo 58: Con respecto á flexibilización por ampliación para NEE na ESO indícase que o alumnado poderá estar na ESO ata os 19 anos pero non queda claro se en calquera curso ou como ata agora ten que ser en 3º ou 4º e "con certas expectativas de titulación". 

Artigo 61: onde se fai referencia aos PDC o mínimo de 5 debera quedar establecido “con carácter xeral” para posibilitar que nos casos de centros rurais, nomeadamente CPI, poida chegar a crearse con 4. ACEPTAN 

Retirar o requisito da repetición para concordar coa Lei Orgánica. ACOMODARÁN Á LEI

Artigo 62: ensinanza virtual. Solicitamos aclaración como se imparte a teledocencia daqueles alumnos/as que non asistan ao centro nun contexto de pandemia ou similar. Se é o mesmo profe  que imparte a docencia presencial a ese alumnado,  cando? Non se debe incrementar a xornada laboral do profesorado. Ten que haber un profesorado específico para esta función.

Artigo 68: no que se fai referencia O profesorado que imparta aos grupos de adquisición de linguas na ESO debe ser das áreas lingüísticas. Retirarse a palabra  “ preferentemente”. Eliminar a condición de ter dispoñibilidade horaria. Con ou sen dispoñibilidade hai que asegurar a posta en marcha destes grupos cando sexa necesaria.

Artigo 79: reiterar a petición de dotación de PT por encima dos catalogados nos cadros de persoal e dotación de profesorado de AL en todos os centros completos. Da mesma forma incorporación doutros profesionais cando sexan necesarios: fisioterapeutas, persoal sanitario...NON RESPONDEN

Artigo 80: aceptamos que se incorporen nesta Orde as funcións dos Auxiliares Coidadores coa súa nova denominación (ATE) pero unha vez negociadas cos seus representantes legais no seu ámbito. ACEPTAN

Artigo 81: correspondente aos interpretes de lectura de signos. Cambiar a súa denominación pola completa da profesión: “intérpretes de lingua de signos e guías-intérpretes de persoas con xordocegueira.  Dotación deste persoal cando sexa necesario independentemente do grao de afectación. Da mesma forma retirar “preferentemente” e excepcionalmente” cando se fai referencia aos niveis nos que se actúa. Debe actuarse en todos os niveis educativos nos que sexa necesario. NON ACEPTAN

Artigo 85: retirar “con carácter xeral” e deixar un máximo de 5 de rateo nos centros de educación especial. NON ACEPTAN

Votamos en falta algunha concreción máis aos  EOE. Consideramos necesario que se dote dun especialista de Atención Temperá, ademais dun incremento dos mesmos e a súa distribución por zonas en lugar de provincias. Entre outras funcións deberían vir a encher o baleiro  entre a parte sanitaria e a educativa. Hai moitos erros mesa conexión supomos por descoñecemento dos protocolos educativos que lles implican ESTUDIARANO

Artigo 87.3: facer referencia á necesidade de redución horaria para a función titorial. Responden que non é competencia desta Orde

Capítulo VII: denunciar a ausencia de referencia á diversidade afectivo-sexual.

 

Outras propostas xenéricas:

PROPOSTA 1. Tempos de coordinación: a normativa actual subliña a importancia da coordinación docente para acadarmos a mellora da calidade educativa mediante unha atención educativa inclusiva, pero o borrador presenta un baleiro á hora de materializar as coordinacións.  

O volume de traballo aumenta ano a ano, máis a xornada laboral é a mesma. Demandamos dotación dunha normativa que garanta e blinde (non supoña) tempos para a coordinación docente reais e factibles.  A solución pode vir da man dunha proposta sindical unitaria que se corresponde coa redución do horario lectivo volvendo ao que había antes dos recortes: 18 en secundaria e 21 en infantil e primaria. 

 

PROPOSTA 2. FENDA DIXITAL NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 

A situación de corentena fixo que os docentes aumentaran, contra reloxo, as súas competencias dixitais

Nesta situación excepcional, púxose en evidencia a insuficiente calidade dos instrumentos tecnolóxicos corporativos (escasa capacidade do correo corporativo, aula virtual non intuitiva e tampouco tiñamos previsto un sistema de videoconferencia corporativo)

Alén das anteriores dificultades, hoxe en día en parte superadas, seguimos a sufrir escaseza de recursos dixitais inclusivos e en galego. Esta carencia estase a solventar a través de horas de traballo dos docentes que a través de ferramentas non corporativas están a crear materiais inclusivos e en galego

Solicitamos á Administración que recolla esta necesidade real e prioritaria e poña a disposición do profesorado un banco de recursos coas seguintes características como mínimo:

  1. Compatible tecnoloxicamente coas aulas virtuais.
  2. Respecte a normativa dos dereitos de autor.
  3. Inclusivos (accesibilidade cognitiva)
  4. En galego

Ben é certo, que a Administración ten bancos de recursos como o de Redeiras ou Abalar pero estimamos que non todos están adaptados á inclusión e a súa organización non é funcional xa que non todos teñen a mesma calidade o que fai que ás veces leve máis tempo localizar un bo recurso que crealo un mesmo. Así mesmo, tamén cómpre sinalar que non todos os centros son Abalar. 

Así mesmo, consideramos imprescindible contar coa a implicación da Administración para evitarmos unha fenda dixital pedagóxica no eido da inclusión. Debemos canalizar esforzos para que a través da Administración dotar de recursos inclusivos a todas as etapas. 

 

PROPOSTA 3. LICENCIAS DE FORMACIÓN. 

No tocante á proposta 2, consideramos que sería de grande utilidade valorar a creación de licenzas de formación específicas para a elaboración de materiais de atención á diversidade (analóxica e dixital) co obxectivo de: 

1. organizar os recursos existentes, 

2. crear outros novos, 

3. escolmar titoriais específicos sobre as ferramentas máis acaídas segundo o perfil do alumnado ou

 4. elaboración ou localización de aulas virtuais de centros públicos que sexan exemplo de boas prácticas inclusivas. 

 

Proposta funcións mestres e mestras de Audición e Linguaxe

1. Funcións específicas do/a mestre/a de audición e linguaxe:

a) Fomentar e asesorar ao profesorado na prevención e estimulación da linguaxe oral e escrita, tanto en Educación Infantil como Educación Primaria.

b) Deseñar e implementar programas de estimulación da expresión e da linguaxe oral e escrita na etapa de Educación Infantil e Educación Primaria que permitan a xeneralización de condutas lingüísticas axeitadas en colaboración coas titorías.

c) Participar na avaliación dos trastornos da comunicación, fala e/ou da linguaxe.

d) Realizar intervencións directas de apoio a aquel alumnado que presente necesidades específicas derivadas ou asociadas a discapacidade e/ou retrasos/trastornos no ámbito da comunicación, fala, audición, linguaxe oral e escrita. Fomentando en todo caso a xeneralización das condutas lingüísticas aprendidas.

e) Participar nas programacións e adaptacións curriculares e metodolóxicas referentes á competencia en comunición lingüística.

f) Asesorar ao profesorado para unha axeitada resposta educativa cara a prevención e o tratamento de dificultades nas áreas de comunicación e linguaxe.

h) Planificar, deseñar e implementar Sistemas de Comunicación Alternativos ou Aumentativos que permitan ao alumnado a maior autonomía posible e inclusión dentro da sociedade.

i) Realizar o seguimento da evolución da linguaxe conxuntamente coas titorías e demais especialistas implicados no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado, elaborando informes periódicos, así como un informe final de curso que quedará no expediente do alumnado.

j) Elaborar programas de intervención para o alumnado que se atende, co fin de secuenciar os obxectivos e contidos a traballar xunto cos indicadores ou estándares de avaliación.

k) Colaborar co Departamento de Orientación, titorías, mestres/as de apoio, familias e axentes externos. 

l) Colaborar co Equipo de Orientación Específico na avaliación dos trastornos da comunicación e da fala así como nas alteracións da audición e da linguaxe oral e escrita.

m) Fomentar, no centro educativo, a formación continua do profesorado na prevención, detección e identificación das alteracións da competencia en comunicación lingüística.

n) Promocionar dentro do centro educativo accións encamiñadas a promover a inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, co fin de acadar a súa participación activa dentro de ditas actividades logrando así un desenvolvemento psico-social axeitado.

o) Propiciar a comunicación e coordinación cas familias sobre a intervención do alumnado con trastornos da comunicación, fala e alteracións da audición e da linguaxe, co fin de fomentar a xeneralización das aprendizaxes en contextos comunicativos lingüísticos funcionais.

q) O/a mestre/a de Audición e Linguaxe colaborará, asesorará e coordinarase co equipo docente e participará nos diversos equipos do centro como o Departamento de Orientación, a Comisión de Coordinación Pedagóxica e aqueles que o centro estableza.

 

  1. Rogos e Preguntas

 

  • Como se van aplicar as vacinas ao profesorado que aínda non está vacinado? Demandamos xuntanza coas Consellerías de Educación e Sanidade para calara estas cuestións. Trasladarán á Secretaría Xeral Técnica
  • Convocatoria licenzas estudos e formación. Incluír para elaboración materiais atención á diversidade. Non dan datos
  • Calendario negociación dos ROC. Cando teñan o borrador. Intención de entrada en vigor o vindeiro curso.
  • Exames de B2 e C1 das EOI o 1 e 2 de xullo: solicitamos trasladar datas a xuño. En inglés e galego teñen problemas con outras datas. Estudiarano.
  • Demandamos que pase por mesa sectorial a nova orde de nomeamento de direccións deste curso, que debe adaptarse aos cambios que introduxo a LOMLOE e que están en vixencia dende o 20 de xaneiro de 2020. Virá pronto á Mesa
  • Se o profesorado de CIFP e IES con FP que vai a impartir Actividades de Formación para Desempregados en convenio coa consellería de emprego e coincide a actividade co concurso oposición se se lles vai a ser concedida a suplencia para non poñer en perigo todo o programa e convenio con Emprego. Non é causa de renuncia
  • Vai haber convocatoria de atención preferente? Corresponde a Persoal
  • Demandamos información transparente na definición da rede de CIFP. 
  • Volvemos a esixir que se clarifiquen en que medida a LOMLOE pode ser obxecto de primeiro exame de oposición (exame, que recordamos, segundo a convocatoria, son os tribunais os que deciden deseño e criterios avaliación) e se é así que aspectos poderían ser obxecto de exame práctico ou teórico, se a totalidade da mesma ou só os aspectos que entraron en vixencia o 20 de xaneiro de 2021. Corresponde a Persoal
  • Negociación OPE 2021. Corresponde a Persoal
  • Esiximos que se publiquen dunha vez por todas as listaxes provisorias e definitivas das listaxes abertas o día 30 de xuño que aínda non foron publicadas (nomeadamente primaria e educación física do corpo de mestres). Corresponde a Persoal
  • Esiximos que sexan publicadas as listaxes provisorias dos admitidos e excluídos no concurso oposición, xa que este ano o sorteo dos vogais se adianta ata un mes fronte a outras datas e considerando que o prazo para todos os corpos, agás PTFP, acabou o día 19 de xuño de 2020.
  • Esiximos que se publiquen as listaxes provisorias de admitidos e excluídos do procedemento de cátedras  e se nos informe sobre a calendarización prevista pola Consellería sobre este procedemento que interesa moito ao profesorado de centros de secundaria.
  • Seguimos a considerar urxente a aplicación da sentenza do Concurso de Cátedras de Música e Artes Escénicas e a forma de aplicar a mesma toda vez que esta vai a incidir no Concurso de Traslados polos afectados e afectadas que perdan a cátedra e teñan que volver á súa praza do Conservatorio Profesional, polo que solicitamos coñecer a solución na aplicación que plantexa a Consellaría e a convocatoria da mesa Técnica que se nos ofertou a pasada Mesa Sectorial para valorar a mesma.