Toda a información sobre a mesa Sectorial 16 de marzo

Valoramos de forma positiva a unificación da normativa que pretende facer esta orde ao unificar a ordenancion das ensinanzas deportivan reguladas que estan ao abeiro de dúas leis educativas e que provocaban interpretacións dispares. 

Aínda así temos que presentar as seguintes alegacións:

Artigo 2.2 . Engadir o concepto de expresión de xénero pois é un concepto que non esta incluído no de identidade de xénero e que xa se está a incluír nos actuais curriculos de FP cando se fala de persoas transexuais e transxénero (ACEPTADO, REDACTARÁN DOUTRO XEITO)

Artigo 6.3 . Aínda que temos claro que moita da practica deportiva non é posible facela en entidades públicas, especialmente se se trata dalgúns deportes, entendemos que neste artigo debe figurar a preferencia para o desenvolvemento do Módulo (MFP) ou do Bloque  (BFP)de Formación Práctica en entidades públicas. 

Artigo 7.1 Entendemos que se debe introducir nesta Orde os criterios polos que os convenios poderán ser rescindidos no caso de incumprimento das condicións ou outras causas por parte das empresas colaboradoras. Aínda que se nos remite na Orde á regulación da FCT no caso da Formación Profesional, entendemos que deberan figurar nesta Orde. (NON)

Artigo 8.10. O centro debe establecer sesións periódicas para a recepción do alumnado por parte do seu titor do MFP para asesoramento ou valoracion da actividade deste Módulo. Non pode quedarse nun hipotético poderá. (ACEPTADO)

Artigo 12: Podería entenderse dentro da autonomía dos centros que estes puideran establecer a porcentaxe de faltas de asistencia necesarias para non aplicar a avaliación continua nunha porcentaxe non superior ao 20%, pero entendemos que esa porcentaxe debe ser única para cada deporte.(NON ACEPTADO)

Artigo 15.d. É evidente que as ratios profesor/ alumno teñen que adaptarse ao RD 1363/2007  que establece una ratio de 30 no caso xeral pero consideramos que estas deberan reducirse en todas as modalidades dos ensinos deportivos buscando unha maior calidade do sistema educativo. 

Artigo 17.7. O profesorado que asuma a titoría-coordinación da formación a distancia debe ter a redución horaria correspondente para poder realizas as sús funcións. (TEMA DE ROC)

Artigo 18.3.b. Cando se fala de “programar xornadas lectivas cunha duración de 50 minutos, nas que se impartan ata un máximo de tres horas dun mesmo módulo de ensino deportivo…” entendemos que se esta a falar de sesións de 50 minutos. (ACEPTADO, REDACTARÁN DOUTRO XEITO)

Artigo 25.2 A redación deste punto para os centros autorizados debe facerse ao igual que nos centros públicos “cando menos unha vez ao ano”. (EXPLICADO E SEN PROBLEMA)

Artigo 49.8 (esta mal numerado debe ser 49.4, non 8) Cando falamos da promoción excepcional do ciclo inicial ao final de grao medio estamos a falar de que alumnado do ciclo inicial poderia comezar o bloque común do ciclo final no mesmo curso aínda sen ter superado o MFP  pero acreditando os requisitos específicos para acceder ao ciclo final. Non ten sentido tal e como di o punto 4 que os centros docentes so poidan ofertar esta anticipación a grupos completos de alumnado que se atopen nas mesmas condicións de matrícula, pois estaríamos a falar de grupos de 30 alumnos (neste caso que pasaran a proba específica de acceso ou foran deportistas de alto nivel ou alto rendemento ou dependendo do curriculo forana seleccionados polas seleccións do deporte correspondente ou campións de España absolutos) (NON ACEPTADO)

 

  • Proxectos de decreto polos que se establecen os seguintes currículos:

– Grao medio correspondente ao título de técnico en procesamento e transformación da madeira

– Grao medio correspondente ao título de técnico en calzado e complementos de moda

– Grao superior correspondente ao título de técnico superior en química e saúde ambiental

– Grao superior correspondente ao título de técnico superior en termalismo e benestar

 

Para CCOO é imprescindible a redución das rateos en todos os grupos así como os desdobres dos módulos formativos que así o precisen por falta de recursos, atención ao alumnado, ou polas súas características de prevención e seguridade. (NON ADMITIDO)

Incidir en que en todos os ciclos debe repectarse o principio de Especialidade para o profesorado que imparta o módulo de Lingua Estranxeira profesional, no caso dos curriculos que veñen a esta mesa no CS de Química e Saúde Ambiental e nos CM de Calzado e Complementos de Moda e CM de procesamento e transformación da madeira. (NON ADMITIDO)

No ciclo superior de Termalismo e benestar deberan engadirse referencias á promoción da igualdade. Existen  varios módulos nos que terían encaixe estas referencias como son os de  dinamización grupal, Actividades de lecer e tempo libre. (ESTUDIARANO)

Como cuestións a abordar en todos os currículos consideramos fundamental a introdución de obxectivos concretos para o desenvolvemento dos aspectos reflectidos no capítulo V da lei 2/2014 de visibilidade e non discriminación do colectivo LGBTI especialmente nos currículos dos ciclos que impliquen dinámicas de grupo e supoñan o traballo directo con persoas, tendo en conta especialmente a realidade das persoas trans. (ESTUDIARANO)

Así mesmo consideramos necesario a inclusión de obxectivos concretos contra a violencia de xénero. (ESTUDIARANO)