A Xunta de Galicia suspende cautelarmente a administración da vacina de AstraZeneca

A Xunta de Galicia suspende cautelarmente a administración da vacina de AstraZeneca. Segue así a indicación do Ministerio de Sanidade que vén de anunciar a súa suspensión por un principio de prudencia.

A Consellería de Sanidade lembra que o sistema de trazabilidade permite identificar a vacina administrada coa persoa vacinada. Ata o momento, non se produciu en Galicia ningún caso de reacción adversa grave.

Publicado o 16 de marzo de 2021

Desde CCOO ensino queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade. A suspensión prodúcese por precaución de maneira cautelar e temporalmente, ata que o Comité de Avaliación de Riscos en Farmacovixilancia (PRAC) da Axencia Europea do Medicamento analice os eventos trombóticos novos acaecidos nos últimos días, concretamente esta fin de semana pasada.

O número de vacinas administradas de AstraZeneca a nivel global supera os 17 millóns, con só 11 casos. En España, administráronse case 1 millón de doses con un único caso. En Galicia, arredor de 80.000 doses postas e ningún caso rexistrado. Polo tanto, esta decisión de suspensión temporal, respota únicamente ao bo funcionamente da vixilancia farmacolóxica española e europea do seguemento do proceso de vacinación. 

Na xutanza que tivemos hoxe coa Consellería de Educación e a Directora de Saúde Pública, Carmen Durán, aclarounos os seguintes aspectos con relación ao proceso de vacinación no eido educativo:

- Enviarase hoxe un correo electrónico aos centros educativos informando desta suspensión temporal. 

- Aproveitarán estes días para actualizar e poñer en orde as listaxes pendentes de vacinación de menores de 55 anos de xeito que cando se retome non se produza ningún erro.

- Todas aquelas persoas que xa recibiron a 1º dose, non deberan ter problemas xa que a 2º dose administrarase ás 12 semanas. En todo caso, de terse que administrar a 2º dose posteriormente a esas 12 semanas, podería poñerse sen problema.

- Todo aquel persoal menor de 55 anos que pasou a Covid-19, aclaran que non o citaron salvo erros, xa que dispoñen de 6 meses alomenos para administralle a vacina. 

- Seguen prevendo un incremento das vacinas para administrar ao persoal maior de 55 anos a partir do mes de abril. Pero a directora de saúde Pública, deixou ben claro, que no caso de haber escasez das vacinas administrables a poboación maior de 55 anos, terán preferencia os maiores de 80, 70 e grupos de especial vulnerabilidade xa que é onde se están a producir os casos máis graves e as defuncións, tal e como se establece no Plan de Vacinación Estatal.

Desde CCOO ensino, queremos lembrar que todas as medidas de prevención, seguridade e hixiene que se veñen cumprindo desde o inicio de curso, seguen en vigor con independencia de estar ou non vacinado. Non se dispón de datos suficientes sobre se as persoas vacinadas contaxian ou non, polo que resulta fundamental seguir cumplindo de xeito rigoroso estas medidas por parte de todos e todas.