CCOO ensino denuncia a censura da Xefatura Territorial de Lugo no IES Illa de Sarón de Xove

O pasado día 23 de febreiro produciuse un acto propio de tempos pasados noa que censura estaba á orde do día no centro educativo IES Illa de Sarón de Xove.

Uns cartaces explicativos da convocatoria de folga do sindicato de estudantes, semella que provocaron unha denuncia anónima, o que ocasionou unha chamada desde a Xefatura Territorial de Lugo á dirección do centro, pedindo explicacións e excudándose no protocolo COVID para solicitar a retirada de ditos cartaces.

Os cartaces chegaran o centro en datas anteriores e foron entregados polo equipo directivo a Xunta de delegados de estudiantes do centro para que os xestionasen como eles considerasen oportuno, (ao igual que outros cartaces que xa había no centro) xa que era unha información destinada o alumnado. 

CCOO Ensino considera totalmente inaceptable que a Xefatura Territorial de Lugo se excude no protocolo Covid para “coartar” a liberdade dos estudantes a información, actitude que se asemella máis ben a outros tempos xa pasados. 

Tamén é especialmente grave, que se presentase no centro un membro da Garda Civil para facer unha foto o cartaz e o manifesto da folga de estudantes convocada para o dia 8 de marzo, o que por suposto causou indignación e estupor no equipo directivo e profesorado do centro.

O claustro de profesorado está indignado ante unha actitude que é totalmente reprobable, e que non ten ningún tipo de xustificación.

Porén, desde CCOO ensino solidarizámonos co claustro de profesores e esiximos responsabilidades na Xefatura Territorial demandando unha minuciosa investigación ao respecto deste situación propia de tempos dictatoriais.