Permiso do persoal docente en relación coa posibilidade de efectos adversos provocados pola vacinación fronte á covid-19

A Estratexia de vacinación fronte a COVID-19 en España (Actualización 4 do 26 de febreiro de 2021 do Grupo de Traballo Técnico de Vacinación COVID-19, da Ponencia de Programa e Rexistro de Vacinacións, Sistema Nacional de Salud, Consejo Interterritorial) establece no apartado 4.2 os grupos de poboación a vacinar, entre os que se relaciona no Grupo 6C a Docentes e persoal docente de educación primaria e secundaria.

Pola súa vez, o Plan Galego de Vacinación fronte ao SARS-Cov-2 da Dirección Xeral da Saúde Pública establece así mesmo na estratexia de vacinación como grupo de priorización aos colectivos cunha función esencial para a sociedade: Grupo 6B Docentes e persoal de educación infantil e necesidades educativas especiais e o Grupo 6C Docentes e persoal de educación primaria e secundaria.

De acordo co Anexo 4 deste Plan Galego de Vacinación os efectos adversos máis frecuentes das vacinas administradas son dor e outras alteracións locais no punto da inxección, malestar xeral, cansazo(fatiga), calafríos ou febre, dor de cabeza, náuseas, sensibilidade axilar ou aparición de ganglios na axila ipsilateral, dor articular ou dor muscular.

En consecuencia, unha vez iniciado o plan de vacinación do persoal docente, o día/s que o persoal docente non poida acudir ao seu centro educativo por efectos adversos relacionados coa vacinación fronte á COVID- 19 e, consonte co establecido polo artigo 14.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o persoal docente ten dereito a ausentarse do seu posto de traballo por causa de enfermidade que non dá lugar a unha situación de incapacidade temporal para o que deberá xustifcar a dita circunstancia mediante a declaración responsable que se anexa.