Curso “Programas, Países e Lexislación da Acción Educativa de España no Exterior”

Destinado a profesorado e persoal especializado dos centros que imparten os ensinos regulados na Lei Orgánica 2/2006, de Educación, así como ao dos servizos técnicos de apoio educativo nos citados ensinos. INSCRICIÓN

Publicado o 03 de marzo de 2021

Lugar de celebración: sesións virtuais a través de  MEET. A ligazón para a conexión enviarase a semana anterior á data de inicio

Importe da inscrición: 90€ con afiliación/ 120€ sen afiliación

Prazas: para realizar o curso hase de contar cun mínimo de 15 participantes.Unha vez alcanzado o número mínimo de persoas participantes que sexan Profesores, poderanse asignar prazas a quen non exercendo a docencia, cumpran todos os requisitos para iso establecidos no Real Decreto 1834/2008 e a Orde  ECI/3857/2007. Estas prazas non poderán superar o 15% do total dos participantes.

En caso de non chegar ao mínimo, comunicarase o atraso no inicio ou a anulación do curso, devolvéndose a matrícula ou podendo cambiar a outro curso.

Data de matriculación: ata o 6 de abril de 2021.

Non de conta para realizar o ingreso: ES77 2100 2119 1502 0047 9776, indicando no concepto nomee e apelidos do participante e título/código do curso para o que se realiza o pago.

Documentos requiridos: ficha de participante asinada, encabezado dunha nómina do 2021 ou certificado do centro onde se preste servizo,  dni por ambas as caras, xustificante de realizar a transferencia.

A documentación achegarase a través do formulario de inscrición.

Criterios de selección: por rigorosa orde de inscrición. As solicitudes que non teñan entregados correctamente os documentos, non serán tidas en conta.