Toda a información da Mesa Sectorial 2 de marzo

Publicado o 02 de marzo de 2021

Aclaracións da Consellería:

Esta foi a intervención de CCOO ensino na mesa sectorial:

  • Queremos poñer de manifesto o contexto no que imos realizar a nosa intervención. Que non é outro que o documento que nos ocupa hoxe é a trasposición ao xa regulado na lei de medidas e á necesidade de modificar as datas que aparecían na convocatoria orixinal e que se adiou por mor da pandemia.
  • Somos conscientes que nesta mesa non se poden abordar aquelas cuestións que modificarían a convocatoria posto que poríamos en perigo a seguridade xurídica da mesma. Neste sentido procuraremos cinguirnos a aqueles aspectos que si poden ser obxecto de debate na adecuación desta orde á realidade actual.
  • Non imos a repetir aqueles cuestións que xa expomos cando se negociou a convocatoria de 2020 e non foron aceptadas. 
  • Consideramos axeitada a modificación do acto de presentación e que se traslade ao mesmo tempo da realización da 1ª parte da 1ª proba. Tamén nos parece acaída a ampliación das datas para a realización desta proba xa que evita en boa medida as aglomeracións de aspirantes de máis dun tribunal nun mesmo edificio e ao mesmo tempo e se facilita a que alguén poida, de ser o caso, presentarse a máis dunha especialidade ou corpo. A pesar disto queremos facer constar que os chamamentos dos aspirantes deben realizarse por quendas de pouca xente en diferentes intervalos de tempo para evitar aglomeracións na entrada.
  • Asemade, coa sinatura da addenda o pasado día 26, permitimos que aquel persoal interino que consideraba que se sometía a un risco innecesario participando no proceso, non sexa sancionado coa eliminación nas listas ao mesmo tempo esta medida permite diminúir o número de participantes por tribunal.
  • Por último con respecto ás cuestións xerais parécenos axeitado o incremento do número de tribunais aínda que a valoración final ao respecto farémola cando coñezamos con exactitude o número de aspirantes por cada un de eles. Advertimos da necesidade de facelo de forma equilibrada para que o número de prazas en cada tribunal da mesma especialidade non se reduza de forma drástica. Insistimos á Consellería en que traslade aos tribunais a necesidade de facer efectivo un verdadeiro concurso-oposición que coa redución de aspirantes se facilita.
  • Insistimos na necesidade de establecer diferentes localidades para os tribunais ao fin de evitar grandes desprazamentos e posibles pernoctacións
  • Gustaríanos que se considerase a posibilidade de eliminar AS LECTURAS PARA REDUCIR O NÚMERO DE INTERACCIÓNS EN BASE Á LEI DE MEDIDAS. Non sabemos se a Consellería contemplou esta variable ou considera que modificaría a convocatoria e non estaría cuberta polas modificacións da lei de medidas. Nós despois dunha lectura detida da lei de medidas consideramos que se podería facer.
  • CCOO ENSINO xa solicitou en varias ocasións a creación dun grupo de traballo con participación sindical para falar de aquelas cuestións que teñen que ver coa seguridade do proceso selectivo. Insistimos nesta mesa para falar entre outras cuestións de:
    • É imprescindible asegurar locais amplos que permitan a distancia de seguridade entre o persoal aspirante con posibilidade de ventilación, etc con antelación suficiente.
    • Establecer mecanismos que permitan a continuidade do proceso se nun tribunal apareza un afectado por COVID.
    • Se algún membro do tribunal non estivese vacinado, sería convinte realizar unha proba PCR ou a que determinase Sanidade.
    • Habería que ter protocolos de actuación no caso de positivo, corentena ou illamento de persoal opositor ou membros dos tribunais.
    • Tamén é fundamental que se dote aos tribunais de material de protección axeitado: mascaras, xel, luvas, pantallas de metacrilato ou similar, pantallas individuais, termómetros infravermellos, etc. aos opositores incluídos ao fin de garantir as máximas condicións de seguridade. Sería acaído unha compra centralizada por parte da Consellería deste materiais.
    • Hai que asegurar tamén a limpeza e desinfección dos lugares dos exames. Neste sentido, faise necesario que a dotación económica dos tribunais sexa suficiente para o pago do persoal necesario é considerar un incremento do número de sesións de traballo tanto dos tribunais como do persoal que se precise no proceso.
    • Por outra parte cómpre definir o formato, xestión, e entrega das programacións didácticas e do material a utilizar polos aspirantes na defensa. Neste sentido e de acordo coa nova redacción que aparece no apartado 10.1 pola que os tribunais con anterioridade ao comezo da 1ª proba publicarán na páxina web as instrucións e indicacións que consideren precisas, solicitamos que se requira dos tribunais a publicidade dunha información o máis precisa posible onde se recollan aquelas cuestións que nas últimas convocatorias presentaron algún problema: materiais que se poden utilizar, prohibicións, etc.
    • Asemade, cremos que nesta convocatoria, é imprescindible que se posibilite un mecanismo de comunicación directo entre os aspirantes e o tribunal que permita solucionar posibles dificultades coa máxima celeridade.
  • Consideramos que a redacción dada no  apartado 8.1 é insuficiente. Podemos atoparnos con persoal que o día 10 de xullo non puidese realizar a proba pero sí nun momento posterior. Tamén que durante o proceso, no transcurso doutras probas, poida aparecer persoal que por contaxio, corentena ou illamento non poida asistir. Pensamos que se deben establecer mecanismos que permitan convocar nestes casos, noutro momento co límite do mes de xullo
  • Sería bo a aclaración de novo e publicitada de forma preferente de que a Lei que rexe este proceso é a LOE-LOMCE polas dúbidas que se están a xerar. En que medida pódese preguntar por cuestións aprobadas na LOMLOE

ROGOS E PREGUNTAS:

  1. Concurso de Cátedras PES.
  2. Para cando a Orde de direccións. 
  3. Que pensa facer ante a non admisión a trámite do recurso presentado pola Consellería contra a sentenza do acceso a cátedras do CMUS? Van a refacer o listado de cátedras e por tanto eliminar dese corpo as persoas que entraron pola base 4.2? que vai pasar coas persoas que tendo os requisitos da base 4.1 se lles permitiu optar pola base 4.2? Sentenza di que non se pode substituír o doutorado e mestrado en investigación por tempo traballado no CUS e tutela de traballos de fin de grao. A Consellería informa sobre a situación dos distintos recursos que ten presentado e que, por este motivo de inseguridade da cuestión, non se convocaron este ano as vacantes que podería haber no Concurso de Traslados. Informa tamén que a sentenza recentemente publicada non implica que os recurrentes accedan á condición de catedráticos senón que a perdan os implicados na sentenza. Con respecto ao concurso de Cátedras de Secundaria e outros corpos o calendario que manexan é para que estea resolto para ser nomeados a data de 1 de setembro. Están a comezar e hai aproximadamente 6000 solicitudes. Faltaría a data de hoxe resolver o baremo das persoas que incorporaron datos á base de datos persoais e cando se remate farase publica a puntuación provisional dos aspirantes para abrir un prazo de reclamacións.
  4. Solicitamos que no prazo máis breve posible se publiciten a s listaxes provisorias de admitidos e excluídos do proceso selectivo.
  5. Reclamamos a presenza do SX de Educación para solventar as cuestións da súa competencia: licenzas formación, reintegro gastos, transformación en CIFP, adaptación a LOMLOE