CCOO reclamamos a vacinación das persoas non dependentes da Administración pero que traballan en centros educativo (comedores, extraescolares, transporte...)

CCOO reclamamos a vacinación das persoas non dependentes da Administración pero que prestan servizos para ela traballando en centros educativos (comedores, extraescolares, transporte...). Estas persoas realizan idéntico traballo, teñen idéntico risco de exposición e, polo tanto, idéntico risco de contaxio que compañeiros dependentes da Administración que si foron incluídos nos grupos de risco e recibiron a vacina. Non é aceptable que a protección da saúde estea suxeita a un criterio tan arbitrario. 

Xa fomos condenados con salarios e condicións laborais e económicas máis precarias como consecuencia da externalización e privatización de servizos; agora engádeselle a de menor protección e valoración da saúde.

Reclamamos a súa inclusión inmediata nas listaxes de grupos de risco e a aplicación dos mesmos criterios de protección. 

A igual exposición , idéntica protección.

Publicado o 02 de marzo de 2021