Actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional (PERSOAL LABORAL)

  • A información relativa ao desenvolvemento das activi- dades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal
  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
  • As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo https://egap.xunta. gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
  • O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

 VER DOG CON TODA A INFORMACIÓN