Apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica, no nivel de educación primaria

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Débese acceder á Sede electrónica a través da sede electrónica e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible 

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

 Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia.

3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembra que se debe anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que tes que realizar o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.