Nota informativa sobre procesos selectivos (PERSOAL LABORAL)

A Disposición Adicional Segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro, faculta ao titular da consellería competente en materia de Función Pública, para establecer medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

Froito de dita habilitación, publícase a previsión das datas e lugares no que esta previsto celebrar os primeiros exercicios dos procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada polo covid-19.

O 14 de marzo de 2021, esta previsto comezar coa realización dos seguintes procesos selectivos:

Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas as persoas aspirantes poderán comprobar na páxina Web da Dirección Xeral da Función Pública, tanto o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada, a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas.

A celebración de ditos procesos conta coa autorización provisional da Dirección Xeral de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia. A confirmación será solicitada pola DXFP dez dias antes da súa celebración.