Cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico

O prazo de presentación de solicitudes será do 17 ao 26 de febreiro de 2021. VER DOG

Publicado o 16 de febreiro de 2021

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula  desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.