CCOO-Ensino e o resto de organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial solicitan unha reunión urxente desta para tratar a organización dos procesos selectivos de persoal docente

Dada a proximidade da celebración dos procesos selectivos de ingreso e acceso á función pública docente correspondentes á OPE do ano 2020 e a situación creada pola pandemia da COVID-19, estase a xerar unha situación de incerteza sobre como se artellará e en que condicións a celebración do proceso.

Cómpre negociar e clarificar todas as medidas sanitarias e organizativas que se han tomar para un correcto desenvolvemento e que o persoal participante poida saber con suficiente antelación como se realizarán as probas.

Por iso as catro organizacións (CIG-Ensino, CCOO-Ensino, ANPE e FesP-UGT) solicitan a convocatoria urxente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria para negociar e clarificar todas as cuestións referidas ao desenvolvemento dos procesos selectivos da OPE de 2020