Aclaracións sobre o proceso de oposicións

A Consellería acaba de remitir unhas aclaracións sobre o proceso de oposicións no tocante á adecuación á normativa vixente.

  • Deberase ter en conta que nesa data estarán vixentes certos aspectos da LOMLOE (participación e competencias claustro, Consello Escolar e dirección, autonomía dos centros, selección das direccións e admisión de alumnado); o resto dos aspectos da LOMLOE non se terán en conta por no estar vixentes.
  • Tampouco se terán en conta as normativas conxunturais motivadas pola COVID-19.
  • E para posibles preguntas, a orde de calendario escolar será a do curso 2020-21 

Publicado o 09 de febreiro de 2021