Cambio do período de penalización nas listas (Persoal Laboral)

Por aplicación da disposición adicional terceira da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, durante o período no que dure a situación de emerxencia sanitaria de interese galego o período de penalizaciónestablecido no artigo 18.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, terá unha duración de 6 meses.

Así mesmo, por aplicación da devandita disposición, a solicitude de reincorporación ou reanudación de chamamentos formulada polas persoas integrantes das listas que solicitasen previamente a suspensión das citacións, regulada no artigo 15.2 do Decreto 37/2006, producirá efectos ao día seguinte ao da súa presentación.