CCOO Ensino esíxelle ao goberno da Xunta que aprobe con carácter de urxencia os orzamentos que inclúen a suba retributiva das empregadas e empregados públicos

Tamén se aplicará o incremento do 0,9 % en todos os conceptos retributivos establecidos na Lei de orzamentos xerais do Estado. De non se aprobar agora os orzamentos en Galicia, esta suba cobrarase en febreiro ou marzo con carácter retroactivo, pero desde CCOO ensino esixiremos que se aproben xa co fin de percibir esta suba coa nómina de xaneiro.