CCOO impugna ante a Audiencia Nacional o XII Convenio Colectivo de Centros de Asistencia e Educación Infantil

Tras a última Mesa Negociadora mantida co obxecto de abordar a adecuación das táboas salariais de 2020 ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) CCOO anunciaba o inicio de accións legais ao considerar que as táboas salariais non poden reflectir retribucións por baixo do SMI.

Así o pasado 28 de decembro CCOO presentaba ante a Audiencia Nacional a correspondente demanda de impugnación por ilegalidade do XII Convenio Colectivo, nela solicítase que se declaren nulos os importes establecidos nas táboas salariais para aquelas categorías cuxas retribucións son inferiores ao SMI.

Atopámonos nunha situación en que non todas as traballadoras teñen garantida por convenio a retribución mínima legal xa que para iso dependen de se lles corresponde percibir o CPP, complemento que só reciben quen cumpren determinados requisitos e que ademais non será absorbible nin compensable durante a vixencia do presente convenio”. Por tanto, existen traballadoras que non cobran o CPP (nin ningún outro complemento) e cun salario basee mensual inferior aos 950€ do SMI, situación claramente ilegal.

Desde CCOO demos o primeiro paso dunha serie de actuacións e iniciativas legais e xudiciais que iremos anunciando e que teñen por obxectivo paliar as carencias dun convenio colectivo que perpetúa a situación de precariedade laboral de miles de traballadoras.  

Por uns soldos dignos na Educación Infantil 0-3!

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS