CCOO solicita que as e os mutualistas de MUFACE e as súas familias teñan acceso á vacina do Covid-19 en igualdade de condicións que toda a cidadanía

O sindicato espera que as entidades privadas asuman sen escusas os concertos subscritos a pesar da excepcionalidade da situación. 

Velaqui podes ver mais información

Publicado o 18 de decembro de 2020

Ao longo da pandemia do Covid-19, desde CCOO estivemos vixiantes para que os e as mutualistas tivesen a mesma atención que o resto das e os cidadáns ante a adopción das diferentes medidas sanitarias que se tomaron tanto desde o Sistema Nacional de Saúde como desde os sistemas autonómicos.

A coordinación entre o Sistema Nacional de Saúde e as tres mutualidades existentes,  MUFACE,  MUJEJU e  ISFAS, debe deixar claras as directrices e mecanismos de cooperación para a igualdade efectiva nas condicións de acceso á vacina contra o Covid-19 para os e as mutualistas e os seus familiares en España e no estranxeiro.

Desde esta perspectiva, deberán quedar clarificados os procedementos en canto a:

  • Se a vacinación contra o Covid-19 se realizará nos centros de atención primaria da sanidade pública ou nos centros asistenciais das entidades médicas privadas.
  • Se este colectivo de mutualistas recibirá cita previa cando sexa vacinado o grupo de poboación de risco ao que pertenzan ou deberá solicitar dita cita no centro asistencial que corresponda.
  • Que se dean instrucións claras e de obrigado cumprimento ás entidades médicas privadas, aos organismos responsables dos centros públicos de atención primaria ou a quen corresponda, para que as e os mutualistas sexan atendidos e vacinados coa mesma garantía e nos mesmos prazos que quen pertence ao réxime xeral da Seguridade Social.
  • Que ditas instrucións sexan remitidas aos distintos intervenientes ( mutualidades, Sistema Nacional de Saúde e os sistemas de Saúde nas diferentes comunidades autónomas) nos ámbitos competenciais que lles son propios.
  • Aínda que as situacións individuais nos problemas de acceso ás probas de PCR fóron tendo solución, deberán establecerse e clarificarse as situacións e procedementos nos que as e os mutualistas terán acceso a elas, especialmente nos casos en que ditas probas forman parte do protocolo médico para acceder a tratamentos e intervencións médicas.

Para CCOO as entidades privadas deben asumir, sen escusas e na súa totalidade, os concertos subscritos coas distintas mutualidades tamén nestes casos excepcionais, xa que dita relación está baseada nos equilibrios propios dunha prestación de servizos, independentemente de que en determinadas épocas sexa máis ou menos vantaxosa. Por iso, baixo nosa perspectiva non cabe que agora esta relación de servizos sexa cuestionada por parte das entidades privadas.