Instruccións en materia de vacacións e permisos por asuntos particulares correspondentes ao ano 2020

RESOLVE

  • Primeiro:

“Poderá autorizarse o goce das vacacións do ano 2020, ata o 31 de marzo de 2021 naqueles casos específicos de peticións de goce durante 2020 que foron denegadas expresamente cando o motivo da denegación estivera fundamentado nas necesidades da correcta prestación do servizo.”

  • Segundo:

“Poderá autorizarse o goce dos días por asuntos particulares ata o 31 de marzo de 2021, cando por razóns de necesidades do servizo non sexa posible gozar destes días antes de finalizar o mes de xaneiro de 2021”.