CONCURSO DE TRASLADOS DO PROFESORADO DE RELIXIÓNS

 Lembramos que as solicitudes unha vez cubertas na web deben asinarse e presentar por rexistro, na secretaría do centro ou nos lugares previstos na lei 39/2015 ( concellos, oficinas de correos…) así como de xeito telemático na sede electrónica como solicitude xenérica

 Debemos destacar que a solicitudes de prazas fanse por código do centro base (NON POR CÓDIGO DE PRAZA). Polo tanto, para solicitar as prazas de resultas haberá que ir á RPT (Relación de postos de traballo) e solicitar o código do centro que está en primeiro lugar (Centro base). Se o centro base comparte con outro centro haberá que subliñar que se solicita ITINERANCIA. Hai algúns centros base que están en dúas prazas e incluso en tres prazas como centro base. Neste caso haberá que solicitar o centro base dúas veces. Unha sen itinerancia e outra con itinerancia.