A Consellería anuncia a ampliación do número de prazas convocadas na OPE de 2020 para o corpo de PTFP.

Esta ampliación posibilitaría ao profesorado técnico de FP interino e aos aspirantes sen titulación de Grao acceder aos procesos selectivos antes da entrada en vigor da LOMLOE.

Publicado o 12 de decembro de 2020

 

Na xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de acceso a listas de interinudade, a Consellería traslada datos sobre que profesorado do corpo de PTFP ten titulación para acceder ao grupo A1. Estes datos poñen de manifesto que un numero importante de persoal interino carece de titulación adecuada para acceder ao grupo A1. Ven a comunicarnos a intención de convocar a Mesa Sectorial o vindeiro martes para negociar a intención de ampliar en 240 prazas a OPE de 2020, todas elas correspondentes ao corpo de PTFP e nas especialidades xa convocadas. Esta ampliación esta condicionada á aprobación dos PXE para o ano 2021 que na súa disposición adicional 23 permiten ao abeiro do Acordo de Estabilización de Emprego a convocatoria do 100% das prazas estruturais cubertas de modo temporal durante os últimos 3 anos. CCOO-Ensino xa demandara no seu momento a convocatoria da totalidade destas prazas pois unicamente estaban convocadas o 90%.

 

A ampliación destas prazas e nestas especialidades supón que o profesorado interino e aqueles aspirantes que neste momento teñen a titulación que lles permite acceder ao corpo de PTFP poidan presentarse e estabilizarse antes da aprobación da LOMLOE. Esta lei, na súa disposición adicional 11 establece o carácter a extinguir do corpo de PTFP. 

 

Neste caso abriríase un novo prazo de matrícula para estas especialidades.