CCOO asina o VII convenio de barbearías, centros de perruquería, estética, ensinos musicais e artes e oficios
CCOO asinou o pasado 18 de novembro o VII Convenio colectivo do sector, que terá vixencia ata o 31 de decembro de 2021. O acordo representa un avance na mellora das condicións laborais de quen quedan baixo o seu paraguas

Debemos resaltar as seguintes cuestións:
- Incremento salarial do 2% para 2020 e do 2% para 2021. Asemade , equíparase o salario base ao SMI (950€ mensuales x 14 pagas) naqueles postos de traballo que ata o momento tiñan asignada nas táboas salariais unha cantidade inferior. Os trienios non serán absorbidos en ningún caso.
- Modifícase o redactado sobre as excedencias voluntarias, corrixíndose unha anomalía que desde CCOO sempre reivindicaramos. O seu inicio xa non terá que coincidir co comezo de curso nin terá que recibir o visto bo do empresario.
- Realízase unha actualización do texto adaptándoo a á normativa legal vixente.
- Incorpórase a xubilación forzosa, a condición de que a persoa traballadora reúna todos os requisitos para xubilarse co 100% da súa pensión ordinaria. Esta medida fomenta o emprego e posibilita a incorporación ao mercado laboral de persoas novas.
- Créase unha comisión, a proposta de CCOO, para estudar e analizar durante o próximo ano a xornada do persoal docente. Preténdese avanzar nun elemento nuclear do convenio colectivo de cara á próxima negociación.
Desde CCOO valoramos positivamente o acordo final, xa que pon fin a un longo periodo de tempo no que os traballadores e as traballadoras do sector non puideron actualizar as súas retribucións. Ao mesmo tempo, posibilita a volta á negociación no periodo dun ano para poder incorporar aquelas melloras que quedaron pendentes.