As organizacións empresariais converten a reunión da Mesa de Negociación do XII Convenio colectivo a nivel estatal para centros de asistencia e educación infantil nun mero trámite

CCOO xa anticipou durante a negociación do XII convenio colectivo que esta situación se produciría no momento no que se publicou un SMI de 950 € mensuais, razón pola que, entre outros, non a asinamos. Fomos coherentes coa nosa posición inicial de non facelo e, en consecuencia, na última reunión da Mesa de Negociación mantivemos a nosa proposta de establecer un diferencial no SMI de 150 € para educadores e 50 € para administración e servizos e auxiliares de apoio.

 Celebramos que as organizacións sindicais asinantes estean agora no camiño de reclamar e aliñarse coas propostas de CCOO, pero por que non o fixeron no seu momento? Debemos lembrarlles que sen o seu aval ao acordo actual non nos atoparíamos ante un escenario tan precario no que os salarios dalgúns educadores son idénticos aos doutras categorías profesionais con diferentes responsabilidades e formación.

 CCOO considera que as táboas salariais non poden reflectir unha remuneración inferior ao SMI e nese sentido anuncia que en breve se iniciarán as accións legais oportunas para reverter esta situación. 

Negociamos, mobilizámonos … chegou o momento de actuar.

Por soldos dignos en Educación Infantil 0-3!