CCOO ESIXE AS MESMAS CONDICIÓNS SALARIAIS PARA O PROFESORADO DE REFORZO NOS CENTROS CONCERTADOS QUE PARA O PROFESORADO EN PAGAMENTO DELEGADO

 ver nova completa

CCOO xa manifestamos o noso desacordo co sistema de contratación deste profesorado na xuntanza mantida coa Consellería o día 11 de novembro (Infórmate do 12 de novembro)

Nesa reunión pedimos que se retirase a proposta porque consideramos ilegal e inaceptable a introdución dunha dobre escala salarial, que implica que estes compañeiros e compañeiras, que realizan exactamente o mesmo traballo, teñan un salario moi inferior ás e ós compañeiros en pagamento delegado. 

Lembramos que este profesorado non percibirá o complemento retributivo da comunidade autónoma (CRCA), que para un mestre de infantil, primaria ou educación especial a xornada completa é de 355,65 € e para un licenciado ou graduado que imparta na secundaria ou FP é de 362,81 €

CCOO consideramos que o profesorado de reforzo pola covid-19 debe gozar de idénticas condicións salariais ca o profesorado en pagamento delegado.

CCOO esperabamos que, sendo esa unha petición unánime, a Consellería reconsiderase a súa decisión. Pero na súa liña da última década, non atende ningunha proposta nin petición que lle chega da representación das traballadoras e os traballadores. 

A Consellería obríganos a solucionar este asunto nos tribunais. CCOO xa trasladamos este asunto aos nosos servizos xurídicos e presentaremos recurso contra a imposición desta dobre escala salarial.

ESTE NON É SENÓN UN EPISODIO MÁIS NA POLITICA DE PRECARIZACIÓN LABORAL 

QUE DEBE SER ELIMINADO.

A IGUAL TRABALLO, IGUAL SALARIO!!