CCOO-ensino insiste unha vez máis en que debe ser a Consellería a que forneza de modo centralizado de mascaras aos centros

CCOO-ensino xa demandou á Consellería que os materiais de protección debían ser suministrados de modo centralizado pola administración e que non se debera sobrecargar de traballo  a uns centros que están combatindo a pandemia de modo exemplar.

CCOO-ensino denuncia que a orde supón unha acumulación de burocracia para os centros educativos nun prazo moi exiguo ( ata o 27 de novembro) , no que ademáis se esixe a presenza das familias nos centros educativos para facer a solicitude de modo físico para que os centros a tramiten na aplicación creada ao efecto.

A Consellería limita o acceso ás máscaras ao alumnado beneficiario das axudas para a adquisición do material escolar ou a aquel que non o sexa pero cunha renda per cápita inferior a 6000. Para isto esixe os datos fiscais de 2018 sen ter en conta a situación actúal de falta de ingresos pola que estan a pasar moitas familias a consecuencia da pandemia. CCOO-Ensino considera fundamental a axuda ás familias máis desfavorecidas pero traballar con datos de dous exercicios fiscais anteriores ao actual pode excluír a alumnado que tendo en conta a súa situación actual sería beneficiario das mesmas. Polo que a medida non é máis que unha nova campaña de marquetin das que nos ten acostumados esta Consellaría.

CCOO-ensino demanda un cambio de rumbo na Consellería de Educación. É imprescindible dotar a TODO o alumnado de máscaras e calquer outro material de protección da saúde para facer efectivo o dereito á educación de forma gratuita.