CCOO denuncia a modificación unilateral das condicións de traballo das e dos traballadores por mor da pandemia e a falta de persoal suficiente para abordar o incremento da carga de traballo

CCOO vén de presentar un escrito dirixido á Consellería solicitando o incremento dos cadros de persoal de limpeza, comedores e cociña así como a dotación de recursos necesaria para o desenvolvemento das tarefas e a cobertura inmediata das substitucións

Publicado o 23 de novembro de 2020

CCOO-Ensino denuncia que desde que estamos vivindo a pandemia da COVID 19, o persoal de limpeza viu incrementada a súa carga de traballo e moitas veces  ten que estar a traballar cunha situación de estrés importante, xa que hai moitos traballadores con patoloxías aos que non se lle están tendo en conta e siguen traballando en contacto coas persoas usuarias, que poden ser positivos, como xa pasou nalgún caso. 

Asimesmo denunciamos que pese a que a Consellería de Educación aprobou un reforzo de contratación por acumulación de tarefas no persoal de limpeza, este é insuficiente, xa que, como mínimo terían que dotar de reforzo a todos os centros, non só a aqueles que desde as súas direccións se fixo unha importante presión ante a Consellería e non podemos esquecer que cantidade de centros tiñas medias xornadas en rpt sen cubrir.

CCOO denuncia que a rateo de persoal limpador existente nos centros está moi axustada, pois como sabedes cada persoa ten asignada unha superficie de 1800 metros cadrados, que as máis das  veces son cúbicos (alicatados, mobiliario etc).

CCOO levamos anos demandando negociar unha nova rateo, como mínimo baseada na avaliación de riscos e avaliación do posto, xa que non e o mesmo limpar aulas que baños, pasillos ou talleres….. pero a esta administración nunca lle parece bó momento para sentarse a negociar condicións de traballo para este colectivo ( lembramos que a última negociación é da época da incorporación deste persoal a Xunta de Galicia, polos anos 80). 

CCOO considera imposible coa dotación de persoal existente nos centros que se poida seguir con este ritmo de traballo engadido ao que xa se viña facendo ata agora.

CCOO considera que o feito de  destinar a unha persona  para a quenda  de mañán, supón que non pode facer o traballo que normalmente ten asignado, pasando éste a aumentar a rateo das compañeiras de tarde, difícil de levar acabo, e ter en conta os tempos da ausencia dos positivos etc. A quenda de traballo habitúal deste persoal é de tarde, co que rómpese coa conciliación da vida familiar e laboral e a propia organización das súas familias, ademáis de facer unha modificación sustancial das súas condicións de traballo

CCOO denuncia a falta de dotación de persoal en cociña, pois o incremento do persoal colaborador non resolve os problemas. Nestes momentos de situación extraordinaria por mor da COVID-19, nos centros de ensino establécense quendas para o servizo de comedor. O persoal de cociña ten que asumir, ademais da elaboración dos menús, a preparación, picado e empratado do menú para menores de 6 anos, a desinfección en todas as novas quendas de xantar establecidas e nos espazos habilitados para comedores, como poden ser aulas (temos comedores nos que un só traballador ten que asumir a tarefa de elaborar a comida para 73 comensáis e tamén todo referente a limpeza das instalacións de comedor e cociña e a desinfección entre quendas). Nalgún caso, estas novas dependencias habilitadas para seren empregadas como comedores están distantes das cociñas, incrementando considerablemente as cargas de traballo e sen ter un aumento de persoal que palie dalgún xeito este traballo extraordinario. Á parte disto, non debemos esquecer que este persoal ten que ser o garante dun bo servizo nutricional e de seguridade alimentaria. 

CCOO-Ensino pon de manifesto que desde que se está aplicando o sistema de chamamentos telemáticos, estase a xerar máis retraso na cobertura das substitucións, pois este sistema é máis lento que o chamamento teléfonico e si a esto lle sumamos o retraso que se dá na Consellería de Educación poden pasar nalgún caso incluso mas de 10 días.

Polo que esiximos de modo urxente á Consellería:

Que se dote do persoal limpador e dos recursos necesarios en todos os centros, que se teña en conta o traballo a quendas e se lle pague. 

Que nos comedores tamén se dote con reforzo e non se permita cociñas con un só traballador, sobre todo a cobertura urxente onde teñen moitos usuarios (73), porque é unha carga de traballo excesiva. 

Que se elimine o exceso de carga de traballo pois finalmente pode por en risco a saúde dos traballadores e das traballadoras. 

Que desde o momento que o traballador carga a súa baixa na aplicación, se tramite a súa substitución sen esperar a que o director a solicite, a Xefatura autorice e a Consellería valide tal e como ocorre noutras Consellerías nas que a substitución é inmediata.