CCOO-Ensino esixe a negociacion da OPE correspondente ao ano 2021 para rebaixar as taxas de temporalidade no ensino público á contorna do 5%.

CCOO-Ensino vén de solicitar a convocatoria urxente da comisión de seguimento do Acordo de Interinos, do que é asinante,  e da Mesa Sectorial para valorar a situación actúal do emprego público no sector docente e abrir as negociacións correspondentes á OPE do ano 2021.

CCOO-Ensino quere lembrar que por mor da COVID19 a OPE correspondente ao 2020, convocada pola orde de  24 de febreiro de 2020 será executada no ano 2021. Esta OPE foi convocada ao abeiro do acordo para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos asinado por CCOO, entre outras organizacións sindicais, e publicado en DOG o 7 de febreiro de 2018. As convocatorias dos anos 2018. 2019 e 2020 permitiron rebaixar a taxa de interinidade do 13% a unha temporalidade do 6,8%.

O Acordo de 20 de xuño de 1995 establece que a temporalidade no sector de persoal docente debe sitúarse na contorna do 5% polo que se fai necesario establecer a OPE correspondente ao ano 2021, que permita por unha parte repoñer as xubilacións que se estan a producir, que neste curso alcanzan a máis de 1200  docentes, e pola outra incrementar os cadros de persoal que se viron diminuídos nos anos da crise e asi reducir as taxas de temporalidade ás marxes que se establecen nos acordos asinados.

CCOO-Ensino lembra que é necesario aprobar a oferta de emprego para o vindeiro ano para asi dar cobertura ás necesidades do sistema educativo blindando así as prazas necesarias independentemente do momento en que deban executarse.

CCOO-Ensino xa abogara pola celebración e incluso pola acumulación das ofertas de emprego dos anos 2020 e 2021, que finalmente non chegou a producirse por cuestión técnicas e xurídicas.

Nestes momentos nos que o ensino pasa por momentos de especial dificultade pola incidencia da COVID19 faise máis urxente que nunca a cobertura dos cadros de persoal co persoal necesario e de modo estable. Para isto é imprescindible abprdar a negociación da OPE de 2021, blindando esta oferta independentemente do momento que poida executarse.