Xuntanza Mesa Xeral do 9 de Novembro

O 9 de novembro de 2020, tivo lugar a xuntanza da mexa xeral de empregados públicos, na que se trataron os seguintes puntos. 

1.- borrador do acordo sobre a prestación de servicios na modalidade de teletraballo na administración da Xunta de Galicia. 

Respecto a nova regulación do teletraballo ordinario, o director xeral informou sobre as seguintes modificacións que se realizarán no texto cara a Comisión de Persoal do vindeiro mercores día 11: 

  • Incluirase unha referencia ás entidades do artigo 45 b) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público de Galicia, e dicir, as sociedades mercantís públicas e ás fundacións do sector público autonómico, que poderán negociarse regular no seu propio ámbito o teletraballo do persoal ao seu servicio.
  • Especifícanse as funcións das persoas supervisoras do plan de traballo individual do persoal que teletraballe.
  • Respecto ao horario de conexión obrigatoria de 9.00 a 14.00 horas que recollía o borrador orixinal para todo o persoal teletraballador, o director comenta que modularase esa franxa horaria, e que será no plan de traballo individual no que constará a franxa horaria concreta de conexión obrigatoria que non será a referida nos casos xustificados como aqueles nos que o persoal estea a desfrutar da flexibilidade horaria por motivos de conciliación.
  • Polo que respecta aos postos que se exclúen da posibilidade de teletraballo, comenta que se modulará a dita exclusión por medio de dúas vías: para determinados postos limitarase a posibilidade de prestar servicios na modalidade de teletraballo en determinados períodos de tempo determinados semanal ou mensualmente nos que non poderán teletraballar e que quedarán determinados no plan individual de traballo; outros postos que con carácter xeral non terían autorización para teletraballar polas súas características, poderían estar autorizados a facelo establecendo estas excepcións no seo da Comisión de seguimento do acordo. Dentro deste caso podería estar o persoal de información e rexistro que podería ter autorización para teletraballar aqueles días nos que non tivera encomendadas tarefas de atención ao público.
  • Dende CCOO, consideramos que é precipitado levar o texto a Comisión de Persoal do próximo mércores, pois o documento aínda non está suficientemente consensuado, polo que insistimos en que deben: 

Retirar as limitacións para teletraballar de colectivos completos de traballadores, e que se debe universalizar esta modalidade de prestación de servicios.
Retirar o establecemento dun día cada semana na que todo o persoal teña que traballar presencialmente, en cada unidade ou servicio, e que se rebaixe a porcentaxe de persoal que teña que estar presente. Tamén hai que se revisar a necesidade de que en cada unidade ou servicio teña que estar presente un mínimo do 40% do persoal.
Incrementar o número de xornadas teletraballables en cómputo mensual. O borrador segue recollendo que serán un máximo do 50% das xornadas laborais en cómputo mensual, e nos seguimos pensando que debería ampliarse esta porcentaxe máxima ao 75%. O director comentou nesta xuntanza que poderían incrementarse o número de xornadas teletraballables por riba do 50% por medio dos plans individuais de traballo, aínda que esperaremos a ver a nova proposta para valorar este punto.
Matizar mais algunhas cuestións relativas ao réxime especial de teletraballo, que debe ser autorizado polo Consello da Xunta de Galicia no caso de pandemia.

  • Sen embargo xa se produciron melloras nas seguintes cuestións: 
  • Amplíanse e especifícanse as funcións da Comisión de seguimento con participación das organizacións sindicais, con funcións de recomendación ao respecto do réxime do teletraballo.
  • Redúcese o prazo a dous meses para resolver as solicitudes de teletraballo que estean pendentes no momento no que entre en vigor a nova regulación.
  • Derróganse expresamente os artigos 13 a 16 da Orde de 20 de decembro de 2013 que regula actualmente o teletraballo ordinario, así como a instrución 5a da Orde do 8 de agosto de 2014 pola que se modifica a primeira.
  • Fixaranse os obxectivos xerais a cumprir polas persoas teletraballadoras, que se concretaran no plan de traballo individual para aqueles que accedan ao teletraballo, pero que a implementación dun plan de avaliación do rendemento será común a todo o persoal teletraballe ou non.
  • Dotarase de soporte tecnolóxico ao persoal que teletraballe con medios propios, posto que se trata dunha ferramenta imprescindible para a prestación do servicio en réxime de teletraballo sexa con medios propios o con medios proporcionados pola administración.
  • Tamén están estudiando a retirada do requisito de antigüidade de 2 anos no posto de traballo para poder teletraballar, pois consideramos que non é un requisito necesario e que ademais podería prexudicar a aqueles que cambien de posto por mor da resolución do concurso de traslados ou da promoción interna cuxas tomas de posesión están en curso.

    Desde CCOO valoramos como positivas as novidades anunciadas polo DXFP, pero agardaremos ao novo borrador para facer unha valoración global e, en todo caso, seguiremos insistindo nas nosas alegacións principais: que non se impoña unha franxa ríxida de teletraballo ao persoal con flexibilidade por conciliacións; que os obxectivos no teletraballo non poden ser distintos que no traballo presencial; que hai que eliminar as exclusións de colectivos á hora de acceder ao teletraballo; que hai que eliminar o requisito de antigüidade de dous anos; que hai que reducir a presenza mínima de efectivos do 40 ao 25%; que hai que incrementar o máximo de días a teletraballar e que se permita teletraballar semanas completas; que hai que axilizar o réxime transitorio de autorización para que as persoas que xa veñan teletraballando se incorporen con rapidez e normalidade á nova regulación que se aprobe. 

  • 2.- Proposta de modificación dun posto de traballo de nivel 28 na AMTEGA. 
    Ao respecto da modificación concreta proposta para a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, proponse a
    apertura á Administración Local e ao persoal docente dun posto de Xefatura de Departamento de modernización da Administración de Xustiza, baixo a xustificación da súa difícil cobertura. Este posto, de nivel 28 e cuxa forma de provisión é a libre designación, non parece que sexa difícil de cubrir por persoal propio da administración da Xunta de Galicia, polo tanto a proposta de modificación solo se xustifica si xa ten nome.
    En todo caso, tanto CCOO como a CIG, CSIF e UXT, denunciamos de forma conxunta nesta xuntanza a inexistencia de negociación real ao respecto de temas importantes da AMTEGA dende hai máis de tres anos pola actitude do xerente da Axencia, que despreza ás organizacións sindicais e nin sequera acude ás Mesas Xerais nas que se tratan cuestións relacionadas co seu ámbito de competencia. Polo tanto, non entraremos na negociación desta modificación da RPT mentres non se comece unha negociación real ao respecto de todos os temas pendentes que hai na AMTEGA. 
    3.- Rogos e preguntas: O DXFP informa. 
    a) Integración CIXTEC na AMTEGA.- que no prazo de dous ou tres meses, primeiro producirase a integración do CIXTEC na AMTEGA coa correspondente modificación dos seus estatutos e que despois poñerase en marcha o proceso de integración do persoal deste organismo como persoal laboral da Xunta de Galicia. O persoal do CIXTEC está neste momento negociando a percepción dun complemento de carreira profesional equiparable ao do persoal empregado público da Xunta de Galicia, e tamén ratifica que como non podería ser doutro xeito o persoal do CIXTEC terá que cumprir cos mesmos requisitos que o resto do persoal empregado publico da Xunta para percibir este complemento unha vez integrado.

  • b) Elección destino.- que se remiten as prazas a ofertar na elección de destino para promoción interna e libre dos subgrupos A1, A2 e C2: 

  • A elección de destino será telemática co mesmo funcionamento que as recentes do C1, veterinarios e arqueólogos.
  • Será en destino provisional, pero ao igual que o que ocorreu co C1 de promoción interna, aqueles que tivesen destino definitivo nun posto aberto ao novo subgrupo xa obterán un destino tamén definitivo, sendo provisional o daqueles que teñan que elixir destino. Neste punto xúrdenos a dúbida da concordancia desta situación co principio de igualdade que proclama a Constitución ao respecto do acceso a empregos e cargos públicos, aínda que o director asegura que esta diferencia no carácter provisional ou definitivo do destino non prexudicará a ningún dos participantes no proceso de promoción interna, e que dará unha solución ao respecto do solapamento destes procesos co concurso de corpos xerais.
  • c) Procesos selectivos pendentes.- que o criterio sobre as datas para a realización dos procesos selectivos pendentes, sigue sendo a de realizar estes exames sempre que as autoridades sanitarias o permitan, e avisar das datas dos mesmos, como mínimo cun mes de antelación.
    d) Concurso traslados corpos xerais.- que está a piques de rematarse a elaboración da lista de admitidos e excluídos e que están valorando a súa publicación, pero non da ningunha data ao respecto de cando se pode producir a resolución do concurso.
    e) Cronograma de procesos selectivos.- que están facendo as últimas concreccións requiridas polas autoridades sanitarias para a realización dos procesos selectivos pendentes (un total de 14 procesos selectivos) e que poderá dar un cronograma coas datas previstas para a realización dos correspondentes exames “nos próximos días”, e polo tanto, descarta a suspensión ou paralización dos procesos neste momento, e sempre vinculando a súa realización a correspondente autorización das ditas autoridades.
    f) Modificación Estatutos Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar.- que no mes de novembro se realizará dita modificación, para seguindo o establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia, incorporar as prazas de consolidación e estabilización para a integración do seu persoal como persoal laboral da Xunta de Galicia na OPE de 2020.
    g) Ampliación ou modificación do teletraballo por causa da COVID-19.- que non está previsto facer ningunha ampliación do réxime de teletraballo por causa da COVID mentras as cifras se mantéñan como están neste momento e que se se complicaran as cousas dende o punto de vista sanitario tomarán “as medidas correspondentes”.
    h) Carreira profesional.- tampouco hai datas nin novidades ao respecto da apertura do prazo de solicitude do segundo grao do complemento de carreira profesional, e a explicación, está no retraso na tramitación dos orzamentos xerais para a Comunidade Autónomona que teñen que recoller a partida correspondente para proceder ao pago deste complemento.
    i) OPE 2020.- que se remitirá un borrador da OPE de 2020 nunhas dúas semanas, e que será unha das ofertas de emprego público más amplas dos últimos años coa finalidade de transformar o emprego temporal en emprego fixo e co fin de completar os procesos de funcionarización do persoal laboral fixo, para que todos aqueles postos que polas súas funcións teñan que ser desenvolvidos por persoal funcionario teñan definitivamente todos/as o mesmo réxime.

  • O resto das eleccións de destino serán como a do C1 de promoción interna, e polo tanto, quedarán en destino definitivo aqueles que tomen posesión no posto que ocupen aberto ao novo subgrupo ao que acceden e en destino provisional os que escollan destino. Así no C2 todas os destinos serán provisionais, xa que non hai postos abertos á Agrupación profesional de subalternos e ao C2.
  • Polo que respecta aos criterios para as prazas a ofertar, primeiro, ofreceranse as “vacantes puras”, despois aqueles postos ocupados en comisión de servicio e se fose necesario prazas ocupadas por persoal interino de menos de 3 anos.
  • Ofreceranse postos de forma conxunta para os subgrupos A1 e A2, e primeiro escolleran destino os aprobados de promoción interna do A1, despois os de promoción interna do A2 e finalmente os aprobados de libre do A1 e do A2.