Xuntanza coa Consellería: Axudas aos centros concertados para gastos relacionados co COVID-19

Desde CCOO - ensino, consideramos que esta xuntanza chega moi tarde, sen proporcionarnos previamente a documentación do que se vai abordar, a Consellería segue instalada no formato de rolda de prensa que ven sendo habitual nos últimos anos e carente do carácter deliberativo e de negociación que debería ter polo que non proporciona a ocasión de expor as propostas, dúbidas e discrepancias coas medidas adoitadas.

Publicado o 13 de novembro de 2020

A orde sairá publicada, posiblemente o mércores 18. Centros: 228 centros concertados da ESO. Dotación orzamentaria: 7.250.011 €.

Destinados a:

  1. Contratación de profesorado para desdobres na ESO 
  2. Adecuación dos espazos, garantir a seguridade,  material sanitarios, máscaras, anteparos etc… 

PROFESORADO DE REFORZO

  • CONTRATACIÓN: Será realizada polas empresas fóra do pagamento delegado e con cargo a esta nova dotación orzamentaria.
  • SALARIO: O abono dos salarios farano as empresas directamente. A retibución deste profesorado farase tomando como referencia a retribución dun profesor en pagamento delegado pero sen ter en conta o Complemento Retributivo Autonómico, nin a antiguidade, nin o complemento a cargos directivos; é dicir, estará constituida polas pagas ordinarias, as vacacións, as pagas extraordinarias e as cargas sociais 
  • PERÍODO DE CONTRATACIÓN: 9 meses e 8 días.  As axudas exténdense ata a finalización do curso 2020-2021.
  • REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO: Regularase mediante unha orde que se publicará o 13 de novembro. Non terá que presentar solicitude o alumnado beneficiario de axudas no curso 2020-2021.Tamén regulará as características das máscaras para o alumnado, do xel hidroalcólico, e do material que se precisa para os espazos de illamento nos centros.

INTERVENCIÓN DE CCOO ENSINO

  • CCOO solicitámoslle ao Conselleiro a retirada da lei de orzamentos das cláusulas que impiden asinar acordos co ensino concertado e que limitan a negociación de asuntos importantes e bloqueados dende hai anos.
  • Manifestamos o noso desacordo co sistema de contratación do profesorado de reforzo. Consideramos inaceptable a introducción dunha dobre escala salarial que implica que estes compañeiros que realizan o mesmo traballo teñan un salario moi inferior aos compañeiros en pagamento delegado
  • Consideramos que esta xuntanza chega moi tarde, sen proporcionarnos previamente a documentación do que se vai abordar, segue instalada no formato de rolda de prensa que ven sendo habitual nos últimos anos e carente do carácter deliberativo e de negociación que debería ter polo que non proporciona a ocasión de expor as propostas, dúbidas e discrepancias coas medidas adoitadas. 
  • As OOSS manifestamos unanimemente o desacordo co proceder da Consellería. Repróchamoslle que non nos proporcionara a documentación desta xuntanza con antelación   que limitou  a posibilidade de facer achegas; que presente a orde para esta  subvencion en novembro cando o curso xa está avanzad. En suma, peca de  falta de previsión e chega tarde. Non compartimos a disparidade salarial que vai xerar e entendemos que as persoas que van ser contratadas tiñan que estar en pago delegado. As condicións desta subvención constitúen un agravio en materia salarial, en materia de protección da saúde do profesorado vulnerable, seguense resistindo a acordo de mantemento de emprego… Isto vai no camiño oposto dunha educación segura e de calidade.

INTERVENCIÓN DA PATRONAL

AS PATRONAIS SOLICÍTANLLE A ADMINISTRACIÓN QUE ACLARE ALGUNHAS DÚBIDAS

  • ¿Van mudar os criterios de xustificación sobre o absentismo do alumnado que non acode ao centro sen xustificante médico?
  • Respecto entrega de ordenadores nos centros para corrixir a fenda dixital ¿como se vai regular e cales son as previsións?
  • ¿Poderán utilizar os centros concertados as aulas virtuais no caso de peche de aulas ou  confinamento?
  • ¿Vanse dar axudas para o acondicionamento de instalacións?
  • ¿Como se vai abordar a situación dos nenos/as que non dispoñen de medios informáticos? 
  • ¿Como se vai solucionar o problema do alumnado que ten problemas de conexión, fundamentalmente no rural e periferias?

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

As aulas específicas de E. Especial van recibir a maiores unha cantidade de 750€ por aula.

Máscaras.O cálculo de distribución de recursos fíxose tendo en conta o número de alumnos con dereito a axudas para material didáctico que hai en cada centro.

SECRETARIO XERAL TÉCNICO DE EDUCACIÓN.

  • A Xunta está aberta a proporcionar aos centros concertados que o precisen as ferramentas e plataformas videoconferencias. 
  • Aos centros concertados que carezan dos recursos facilitaráselle o acceso a estas plataformas.
  • Tamén se está tratando de habilitar as aulas virtuais aos centros concertados.
  • O alumnado que precise dispositivos informáticos e conexión van recibir os medios necesarios. 

 

 ¿Vanse mudar os criterios de xustificación do absentismo do alumnado que non acode a o centro e non presenta xustificante médico?

A Consellería non vai mudar os marcos nin os criterios. Pero é necesario adoitar medidas en defensa dos interés do menor para evitar aqueles casos nos que, non está afectado directamente, poidan incurrir en absentismo inxustificado. 

SECRETARIO XERAL DE EDUCACIÓN

  • O absentismo xa está protocolarizado. Se non hai unha razón médica e a familia non o leva ao centro por outras razóns (medo, preocupación, convivencia con maiores,…. hai que intervir. Para facilitarlle a xestión aos directores dos centros creouse a Comisión Provincial que ten o aval da fiscalía. 
  • Publicaranse proximamente no DOG as actuacións co alumnado que ten que estar en corentena e as medidas para atendelo no seu domicilio. 
  • Están en elaboración as propostas de reorganización de horarios cando unha aula se peche. Haberá limitación de tempo de permanencia en teleformación de aproximadamente uns 30 minutos por sesión.
  • Hai previsión de proporcionar en préstamo  os medios informáticos ao alumnado que non dispón de recursos.
  • Estase traballando na adaptación e regulación dos procesos de avaliación e promoción adaptados a este contexto.
  • Estase traballando coa xestora dos servizos  de plataformas e aulas virtuais   para que se lle  facilite o acceso tamén aos centros concertados.
  • Trátase de replicar os servizos que se prestan aos centros públicos aos concertados.