Xuntanza Comité Intercentros 3 novembro 2020

O día 3 de n o v e m b r o de 2020 celebrouse un Pleno ordinario do Comité Intercentros no que se trataron os seguintes puntos na orde do día: 

 

  1. Escritos recibidos: non houbo contestación da DXFP a ningún dos escritos enviados e esta situación prodúcese dende antes do verán. So como documentación ordinaria foron recibidas 56 adscricións temporais, 53 prórrogas de adscrición e 54 superior categoría. 

Ante a falta de contestación de xeito reiterado dos escritos enviados e a non convocatoria deste órgano ás solicitudes de xuntanza coa Dirección Xeral de Función Pública o Comité Intercentros acorda por unanimidade presentar denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social e ante o Consello Galego de Relacións Laborais. 

Listas Consorcio: acórdase por unanimidade realizar un escrito a Comisión de Listas no senso de que aqueles contratos inferiores a media xornada non se penalice aos aspirantes pola renuncia ao posto e que se realicen unha especie de listas “pull” para este tipo de contratos a tempo parcial con algún tipo de incentivo. O obxectivo é evitar penalizacións completamente inxustas por desistir de contratos a todas luces precarios, fomentando ao mesmo tempo que persoas candidatas que poidan estar interesadas teñan incentivos para cubrir este tipo de contratos. 

2. Acordo xubilación parcial: acórdase por unanimidade realizar un escrito instando á DXFP a renovación do acordo de xubilación parcial dacordo coas novas condicións establecidas no RD 8/2015 da Lei Xeral da Seguridade Social. 

3. Procesos de funcionarización do persoal laboral e cobro do 2º grao da carreira profesional: neste punto a CIG e a CSIF propoñen a denuncia dos procesos de funcionarización en base a falta de negociación co Comité Intercentros e esixe o cobro do 2o grao de carreira. 

Que expuxo CCOO? 

  1. Que non comparte de ningún xeito a terxiversación anterior, xa que, o texto foi negociado coas OOSS e ratificado nos órganos de negociación que son a Comisión de Persoal e a Mesa Xeral onde están representadas todas as OOSS que compoñen o CI. Todas as OOSS coñecen de sobra estes feitos pero algunhas seguen empeñadas en tentar facer politiqueo barato xogando cos dereitos que os traballadores vamos conseguindo grazas á labor sindical responsable de organizacións como CCOO.
  2. CCOO defende e defendeu que a carreira profesional se lle pague a tódolos traballadores fixos e temporais e indefinidos non fixos.
  3. Hai que ter pouca decencia e pouco respecto polos traballadores, para votar en contra da carreira profesional e agora a través do Comité Intercentros esixir o seu cobro. Casualmente son os mesmos que dicían que a carreira profesional era terrible e foron os primeiros en solicitala. 

 

4. Tomas de posesión promoción interna: acórdase por unanimidade solicitar á DXFP o “buzón” de postos que se van ofertar nas tomas de posesión nos procesos de promoción interna. 

5. Comedores escolares: ante a falta de dotación de persoal nas categorías de persoal laboral, incrementandose moito a carga de traballo  pola aplicación dos protocolos COVID acórdase por unanimidade a realización dunha nota de prensa denunciando a situación. 

6. Chamamentos telemáticos decreto 37/2006: o novos chamamentos telemáticos foron causa de moitos problemas por deficiencias na aplicación e pola falta de coñecemento no uso por parte dos usuarios. Por este motivo acórdase por unanimidade solicitara que aqueles aspirantes chamados por este novo método ata o 29 de outubro non sexan penalizados. É inxusto penalizar ás persoas candidatas cando na maioría dos casos os problemas viñeron dos sistemas telemáticos desenvolvidos e empregados pola propia Administración. 

7. Situación adscricións temporais C. Medio Rural: ante o anuncio feito por esta Consellería de non renovar as adscricións temporais / superiores categoría que caducasen entre o 20 e outubro e o 28 de febreiro e ante a falta de información ao respecto do número de prazas (entre 10 e 20 segundo a Consellería), distritos e categorías CCOO solicita que o Comité Intercentros emita un escrito á Secretaría Xera Técnica mostrando o rexeitamento a esta medida en base a que o SPIF é un servizo esencia e de emerxencia e solicitando información ao respecto. Acórdase por unanimidade realizar este escrito. 

pastedGraphic.png pastedGraphic_1.png  pastedGraphic_2.png  pastedGraphic_3.png