A Consellería de Educación segue amparándose na situación provocada pola Covid-19 para introducir de xeito unilateral modificacións nas condicións laborais das súas traballadoras e traballadores

Mentras cunha man o Conselleiro ofrece diálogo e solicita cooperación coa outra o seu equipo da Secretaria Xeral de Educación e da Secretaría Xeral Técnica ningunean aos representantes legais das e dos traballadores e publica dúas resolucións que abordan cuestións relacionadas coas condición laboráis do profesorado o día anterior da celebración dunha Mesa Sectorial sen nin sequera informalas na mesma.

A Secretaría Xeral  de Educación e FP  xunto coa Secretaría Xeral Técnica resolveron, publicaron na web  e  enviaron directamente aos centros educativos sostidos con fondos públicos unha resolución con instrucións para que estes elaboren os horarios do ensino a distancia en periodos de peche de aulas ou centros  derivados da Covid-19.

Como xa lle demandaramos en diversas ocasións dende o inicio da pandemia a esta Consellería é necesario abordar a negociación do desenvolvemento dun ensino de carácter non presencial. Desde CCOO puxémonos ao dispor da administración para negociar as condicións desta modalidade de ensinanza, pero como é habitual a administración galega segue instalada na súa soberbia e prepotencia e continúa a improvisar.

Elementos como o horario lectivo de teledocencia, o tempo de preparación dos materiais a empregar, o tipo de xornada, o dereito á desconexión dixital, a dotación e mantemento dos medios precisos para traballar nesta modalidade,a formación do profesorado, a habilitación de espazos nos centros ou a dotación de conexións a aquelas traballadoras e traballadores que o teñan que facer dende o seu domicilio, a creación de plataformas online acaídas e sobre todo a garantía á protección de datos e aos dereitos á imaxe e a intimidade son os eixes sobre os que debe pivotar a negociación das condicións de traballo das e dos docentes.

A implantación dos horarios espello atenta contra calquer indicio de racionalidade e criterio pedagóxico, non é posible que o alumnado poida estar diante do ordenador recibindo ensino telemático o mesmo número de horas que recibe no ensino presencial, estaríamos a falar de 25 horas de docencia telematica nas etapas de infantil primaria e de 32 na etapa de secundaria,.

CCOO pon de manifesto que unha situación de ensino a distancia, modifica as condicións de traballo das e dos traballadores  polo que en primeiro lugar  teñen a obriga de negocialas,na Mesa sectorial polo que esiximos a retirada das resolucións e a súa inmediata negociación.

Como xa manifestamos na xuntanza celebrada co Conselleiro o pasado luns, CCOO está disposta a iniciar ese diálogo que permita identificar as eivas e colaborar na solución dos problemas que estamos a padecer. Pero advertimos que se a Consellería segue adiante tomando decisións que afectan ás condicións laborais das e dos traballadores que representamos de forma unilateral e á marxe do diálogo social, como esta a ser o caso, atoparanos en fronte e á fronte do conflito social