Nova versión do protocolo de adaptación ao contexto COVID-19

Publicado o 05 de novembro de 2020

O cambio principal no protocolo é que: "Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa COVID (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado, pero non será necesario que garden corentena no domicilio, podendo acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo." 

En canto ás recomendacións sobre a ventilación cabe destacar que:

  • O protocolo pauta a obriga de 15 minutos de ventilación ao inicio e ao remate de cada xornada (mañá ou tarde) e durante os recreos e ao remate da xornada escolar. Ademais sempre que sexa posible, entre clases e tamén, cando as condicións meteorolóxicas o permitan, durante as clases.
  • Non hai obriga de ter as ventás abertas todo o tempo aínda que sexa unha medida que contribúa á renovación do aire.