Dez propostas xerais no ensino concertado ante a tramitación da nova Lei Educativa

Publicado o 04 de novembro de 2020

A Federación de Ensino de CCOO, ante a reactivación da nova lei educativa, expuxo as seguintes propostas en relación co ensino concertado:

  • Aprobar, en cumprimento do mandato existente dende hai 14 anos polo art. 116.3 de LOE, un novo Real Decreto de concertos educativos que debería negociarse co sector e entrar en vigor durante o curso seguinte á aprobación da lei, dispoñendo as comunidades de 1 ano máis para o seu desenvolvemento territorial.
  • Retomar os estudos para a actualización dos módulos de concertos educativos, previstos na Disposición Adicional 29a de LOE, que aseguren a equiparación e o mantemento suficiente dos centros concertados, á vez que garanta a gratuidade real do seu ensino.
  • Protexer aos centros cun maior compromiso social, regulamentando as medidas para garantir a equidade na educación: atención á diversidade, maior dotación de recursos, condicións singulares de escolarización, entre outras cuestións, para mellorar a inclusividad e a compensación de desigualdades.
  • Dotar aos centros de recursos humanos e materiais suficientes para desenvolver plans de reforzo que melloren o nivel competencial do alumnado que o requira.
  • Elaborar unha lei de financiamento do Sistema Educativo Español e promoción de programas de compensación das desigualdades territoriais e cooperación territorial co fin de garantir unhas condicións básicas iguais no acceso ao dereito á educación para todos, que alcance a media de gasto público en educación da Unión Europea.
  • Considerar dereito subxectivo do alumnado e as familias as bolsas e axudas ao estudo.
  • Crear comisións provinciais de concertos educativos que, ante os procesos de renovación de ou novas concesións, permitan a participación real das organizacións sindicais.
  • Regular a antigüidade, duración do mandato e publicidade de propostas para ser director/a en centros concertados.
  • Suprimir a disposición que permite ampliar o calendario escolar e o horario lectivo de áreas ou materias por encima da normativa xeral.
  • Posibilitar a integración voluntaria de centros concertados na rede de titularidade pública, mediante unha norma específica, que garanta o emprego e as condicións laborais.

 

Lonxe da mensaxe catastrofista e apocalíptica doutras organizacións sindicais, que en absoluto benefician aos traballadores e traballadoras do ensino concertado, CCOO segue traballando en todos os ámbitos co obxecto de mellorar as súas condicións laborais. Así mesmo, CCOO esixirá ás organizacións patronais, esas ás que tanto lles gusta falar de liberdade, que cesen de inmediato as presións e ameazas veladas que moitas titularidades están a exercer sobre os profesionais do sector na mobilización contra a nova lei.