CCOO-Ensino apoia e chama a participar na Andaina da Comunidade Educativa de A Mariña o domingo 11 de outubro

A marcha terá o lema:
"POLO NOSO FUTURO" 
Percorrido:  O Castelo – Entrada da Fábrica.

@s moz@s arrancarán a marcha no Castelo e baixarán camiñando ata a entrada da carretera da fábrica e continuarán por esta vía ata a entrada da Factoría. A medio camiño establecerase o encontro entre @s moz@s (q representan o futuro) e os traballadores/as da Fábrica. Os traballadores/as facerán un pasillo ós moz@s que os levará á entrada da Fábrica. 
Os pais/nais que acompañen ós nen@s, deixaranos no Castelo e iran a esperalos ó cruce coa carretera da Fábrica (diante de Suministros san Ciprian). Incorporaranse á marcha por detrais dos nen@s, por favor, non misturarse con eles.

Temos que ter presente en todo momento as normas sanitarias: usar MASCARILLA e manter a máxima distancia entre participantes. 

Esperamos a vosa presenza.